O 20 de abril celebrouse a vista pola demanda presentada pola CIG contra o BBVA, para que proceda á implantación dun sistema de rexistro da xornada real efectiva que realiza o persoal e, polo tanto, das horas extraordinarias.
Na propia sala chegamos a un acordo polo que a empresa se compromete a negociar a implantación dun sistema de rexistro antes do 30 de setembro do 2016.
Entendemos que é un avance importante grazas á nosa demanda. Pero lamentamos que a AEB, UGT e CC.OO modificasen o apartado das horas extras no convenio colectivo rebaixando o seu valor.
Semella que, agora que avanzamos para que se rexistren as horas, ás empresas lles entrou a presa por rebaixar o seu «prezo»; mentres non as pagaron non houbo problema.
Tamén cremos que o convenio pon fin á polémica artificial creada por algún sindicato quedando claro o papel de cada quen nese «culebrón».
A CIG quere que se cumpra a xornada e que se paguen ou compensen as horas, como demostra a nosa demanda. Agora queda negociar coa empresa antes do 30 de setembro como será o sistema de rexistro.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario