Conflito Colectivo horario:
Nós defendemos ao persoal do BBVA, outros deberían explicar porqué non o fixeron.
Somos conscientes de que para o BBVA resulta máis barato pagar as sancións das Inspeccións de Traballo pola realización de horas extraordinarias, que pagar as horas. Por iso a CIG decidiu presentar unha demanda de Conflito Colectivo na Audiencia Nacional contra o banco.
Na demanda incluímos como parte o resto de sindicatos: CC.OO, UGT, ELA, LAB, CGT, ACB e Intersindical-CSC, para que se queren podan sumarse e achegar o que estimen oportuno.
Non entendemos que outros sindicatos carguen contra a CIG por presentar a demanda contra o BBVA. CC.OO e CGT deberían dar explicacións: Por que presentaron denuncia contra outras Entidades, pero non contra o BBVA? Cal foi o motivo? Que culpa ten a CIG?
Por último, dicir que a CIG asistiu a todas as reunións da mesa negociadora, non cedemos aos recortes propostos pola patronal e mobilizámonos en 36 ocasións contra as pretensións da AEB. Outros cederon sen mover un dedo e asinaron un preacordo vergoñento e antidemocrático, sen consultarllo aos traballadores e traballadoras.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario