28 de setembro de 2015

O convenio aféctache por acción ou omisión, por iso loita coa CIG para defenderte.

Seguinte paso: Asembleas


Tal e como anunciamos, o 24 de setembro concentrámonos no Pastor/Popular, no , no BBVA, en Bankia e , dando inicio ao proceso de mobilizacións para demandar un CONVENIO XUSTO, para defendernos das intencións das direccións e salvagardar os postos de traballo e as condicións laborais. O conflito irá a máis con novas mobilizacións, nas que será preciso contar con todos os cadros de persoal.

A CIG non acepta con resignación e brazos cruzados as intencións das patronais do sistema financeiro, que pretenden durísimos recortes, cando ademais estamos na antesala dunha nova reestruturación e novos despedimentos masivos. Por iso o 24 saímos a rúa despois de celebrar unha asemblea conxunta de delegados e delegadas da CIG no sector financeiro, na que se aprobou a convocatoria de asembleas de traballadores e traballadoras en toda Galiza, co obxectivo de nuclear a resposta contra a agresión permanente das direccións.

Hai moita xente que pensa que non lle afecta o , que as súas condicións individuais están por riba do mesmo. NON é certo. Os horarios non se cumpren, as políticas comerciais non están reguladas, as patronais inzan as nóminas de complementos «voluntarios» (en vez de dar maior nivel salarial, o que aportaría maior seguridade laboral).
Pero un é a base dos dereitos laborais. O actual convenio non regula o que realmente nos pasa, pero é o punto de partida dos nosos dereitos básicos, dos salarios, das nosas vacacións ou das nosas xubilacións futuras, entre outras cuestións. Neste senso, sendo certo que hai que cambialo, é imprescindible contar cun Convenio.

Insistimos en que se aveciña un novo proceso de concentración. Os acordos laborais de fusión cada vez son peores, incluíndo máis despedimentos e recortes, máis carga de traballo para as persoas que quedan e menos saídas brandas para as que marchan. A patronal, co visto bo de CC.OO e UGT, levou adiante unha feroz reconversión empresa por empresa, manexando os tempos, sen que houbera unha resposta sectorial conxunta.

A forza dos traballadores e traballadoras, como sucede noutros sectores, tería sido maior se tiveramos dado unha resposta colectiva paralizando, se fose preciso, todo o sector financeiro. Goberno e patronais tomarían nota, e negociarían doutro xeito. A batalla actual polos Convenios é a primeira batalla fronte ás novas fusións: debemos crear o marco a aplicar nos distintos procesos que virán.


 Imaxes: CIG · (cc) BY-NC-ND Concentración 29/09/15  [.jpg · 847 kB]



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 150928 [.pdf • 493 kB]

Ningún comentario: