19 de febreiro de 2018

Acordo MIFID, 17 de maio, Avaliacións e Xunta de Accionistas

Acordo MiFID: conseguiu o seu obxectivo e o banco non o necesita

O problema da Formación MiFID non é o «premio» para quen aprobe, é moito máis complexo. Por iso a CIG presentou unha papeleta de conflito colectivo por todo o que ten que ver coa formación MiFID (catálogo de postos, formación mínima requirida, compensacións, etc). Houbo o acto de conciliación no SIMA en (preceptivo antes de ir á Audiencia Nacional) e non houbo acordo. Rapidamente o BBVA convocou unha mesa, co único obxectivo de chegar a un acordo que impedise o noso conflito ante a xustiza. E rapidamente, o mesmo día, CC.OO , UGT e ACB aceptaron. O banco, cumprido o seu obxectivo, incumpre o acordo. Que non se laien, cando o asinaron eran conscientes do que pretendía a empresa e do papel que xogaron.

O BBVA quere que recuperemos o festivo do 17 de maio, sen negociar coa representación sindical

O calendario laboral aprobado pola Xunta de Galicia considera o 17 de maio coma festivo, pero ten a consideración de «recuperable». Outras entidades decidiron que non era recuperable, pero o BBVA estableceu unilateralmente que deberiamos recuperalo «polas tardes no prazo dun mes a partir da citada data, nun máximo de 4 fraccións». Con todas as horas extras ilegais que realiza o persoal, o BBVA pretende que recuperemos ese día, a través dun mecanismo que servirá para «blanquear» horas extras durante un mes. Nós elaboramos unha proposta que foi presentada a través dos comités, o Banco nin sequera contestou, polo que a CIG presentou 4 conflitos colectivos e as conciliacións son en Ourense o 20 de febreiro, en Vigo o 23, na Coruña e en Lugo o 26.

Avaliacións no BBVA: un sistema inxusto e arbitrario

Se non estás de acordo coa túa avaliación non asines a súa conformidade. É unha avaliación rebaixada, feita cun sistema inxusto. Preme NON CONFORME na túa avaliación e comunica a Talento e Cultura a túa desconformidade. Contacta connosco, axudámoste. Reclama a rectificación dunha avaliación feita con mentiras. Que quede claro quen é o que perverte e manipula as puntuacións, ditadas de antemán aos avaliadores a avaliadoras polos seus superiores. É o teu expediente laboral, non o esquezas. Se os discrecionais non significan o que pon na avaliación… que alguén se faga responsable e o poña por escrito. Reclámao, é o teu dereito.

Xunta de Accionistas 2018

O sindicalismo sen ataduras da CIG estará, de novo, na Xunta de Accionistas en Bilbao para ser a túa voz e denunciar as políticas laborais no banco. Delega o teu voto na CIG. Envía a túa delegación de voto asinada a favor de Carmen García González á oficina 2200 (Cantón – A Coruña) ou entrégalla a calquera das nosas delegadas e delegados das distintas provincias.



Mulleres en Folga: 8 de marzo de 2018




Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 180219 [.pdf • 710 kB]


3 comentarios:

Anónimo dixo...

Despois da eliminación no actual Convenio Colectivo (asinado por CCOO e UGT) de 1,25 pagas para o personal con ingreso posterior a 15-06-2016 (un dos motivos polo que a CIG non o asinou) e establecemento dun novo sistema de participación en beneficios de carácter variábel ligado á evolución do Resultado da Actividade de Explotación (RAE) de cada empresa (art. 23 CC), o BBVA ven de comunicarnos verbalmente que a Variación Interanual RAE do Banco foi por primeira vez desde a sinatura do convenio superior ao 5%, correspondendo polo tanto o abono de cuartos de paga. Comunícasenos que é superior ao 30%, correspondendo 6 cuartos de paga para o persoal posterior a 15-06-2016 e 1 cuarto de paga para o persoal con data de ingreso na entidade anterior ao 15-06-2016.

Indícasenos, así mesmo, que o importe dos 6 ou 1 cuarto de paga, segundo corresponda, será compensado e absorbido polo importe da Incentivación (Bono) a percibir nesta nómina de Febreiro.

Esta Sección Sindical de CIG manifestou á empresa a a súa oposición a esta decisión, cuestionando a relación entre un concepto establecido en Convenio (a.23. Participación en beneficios) e outro extra-convenio (Sistema de Incentivación de BBVA) establecido unilateralmente pola Banco sen acordar coa representación sindical, tendo xa contactado cos Servizos Xurídicos de CIG para que, en caso de producirse a anunciada compensación e absorción, estude a posibilidade de reclamación xudicial contra a mesma.

Para calquera consulta ou aclaración ao respecto deste ou doutros asuntos, non dubides en contactar cos nosos delegados e delegadas.

Anónimo dixo...

BBVA comunica compensación de "Participación en Beneficios RAE" co Bono

Anónimo dixo...


BBVA perdió en España 856 millones en 2017 pero su presidente ganó 5,8 millones
Francisco González se subió el suelo un 17,6% el año pasado

https://www.elplural.com/economia/2018/02/15/bbva-perdio-en-espana-856-millones-en-2017-pero-su-presidente-gano-58-millones