
AEB: «O mellor convenio colectivo é o que se asina… non é o que non se asina»
AEB: «As traballadoras de banca poden considerarse ben pagadas… non hai unha fuga masiva de persoal a outros sectores»
AEB: «O convenio de Banca é un dos mellores convenios sectoriais que existen en España»
Con estas afirmacións, na xuntanza de hoxe, a patronal fai toda unha declaración de intencións. Coñecedora da súa posición na mesa de negociación, establece límites á mellora das condicións salariais abstraéndose dos avultados beneficios do sector.
Temas | 30 de maio de 2024 | 11 de xuño de 2024 |
---|---|---|
Convenio | 3 anos (2024—2026) | 3 anos (2024—2026) |
Incremento | 10 % en táboas de Salario Base de Nivel | 10 % en táboas de Salario Base de Nivel (₁) |
Garantía IPC | Se o IPC acumulado no período 2024—2026 superase o 10 %, actualizaríase a táboa salarial a partir do 1 de xaneiro de 2027, nunha porcentaxe equivalente á diferenza, pero cun máximo do 2 % | Se o IPC acumulado no período 2024—2026 superase o 10 %, actualizaríase a táboa salarial a partir do 1 de xaneiro de 2027, nunha porcentaxe equivalente á diferenza, pero cun máximo do 2 % |
Garantía salarial | De forma excepcional, para o ano 2024, garántese un importe mínimo de incremento salarial. A contía será o 60 % sobre o incremento salarial de salario base de nivel pactado para ese ano. | De forma excepcional, para o ano 2024, garántese un importe mínimo de incremento salarial. A contía será o 65 % sobre o incremento salarial de salario base de nivel pactado para ese ano. |
Desde a CIG lembrámoslles que un concepto a valorar debería ser a revalorización dos trienios de antigüidade, que quedaron conxelados no anterior convenio, cando ata ese convenio se revalorizaban coa suba en táboas.
Chegados a este punto, o conxunto da representación sindical debería someter a referendo das persoas traballadoras NOS BANCOS AEB os límites desta negociación. Son elas as que fixeron as folgas en defensa dunha suba salarial xusta e dunha mellora das condicións laborais; polo tanto, deben ser as que teñan a última palabra nas condicións do convenio que vai regular a súa relación laboral nos próximos tres anos.
Diciámolo ao principio da negociación: É AGORA ou NUNCA!
En ano de BENEFICIOS, os Bancos RECORTAN SALARIOS.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario