23 de maio de 2024

Delegadas e delegados da CIG nos bancos AEB mobilízanse en demanda dun convenio xusto

A marcha da negociación indica que este non será un convenio no que avancemos en dereitos. De igual forma tampouco permitirá a recuperación do poder adquisitivo perdido nos últimos convenios, e non vai garantir o seu mantemento a futuro. Sobran motivos para seguir na loita por un convenio xusto, por iso a CIG saíu onte á rúa na cidade da Coruña, previo a vindeira xuntanza de convenio do día 28 de maio, con mobilizacións diante das principais entidades bancarias.

Mobilización de delegadas e delegados da CIG na Coruña o mércores 22 de maio, por un convenio xusto

O conxunto das persoas que traballamos no sector demostramos coas folgas de febreiro e marzo, que estamos dispostas a loitar por condicións salariais xustas, acorde cos beneficios presentes e futuros, e pola mellora das nosas condicións laborais (acabar coa presión e acoso comercial e reducir a carga de traballo).

É AGORA ou NUNCA, defendamos o que é noso.
A loita é o único camiño!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 240523 [.pdf · 559 kB]



Ningún comentario: