23 de novembro de 2022

Obrigamos á patronal a sentarse, pero o conflito debe continuar se non hai cláusula de revisión

No ano 2020 perdemos salario, en 2021 perdemos salario, en 2022, perdemos salario e, conforme aos Organismos Públicos, en 2023 e 2024 perderemos salario. Que a AEB se abra a negociar, non implica que se evite a sangría salarial, que se recupere o perdido e se impida perder máis durante a vixencia do .

Como todos e todas sabedes a CIG reclamou, tanto dos distintos bancos, como da propia AEB unha actualización dos salarios. Ante a súa negativa comezamos mobilizacións a principio de ano, . Nos últimos meses comezamos a tratar de ampliar a fronte contra os recortes, tendo contactos con outros sindicatos que non aceptaron os recortes no Convenio, co obxectivo de lanzar unha convocatoria de .

Agora a AEB, ante a situación, convocou a Mesa Negociadora do Convenio para o 29 de novembro. Sen dúbida, aos bancos tamén lles preocupa que os sindicatos que aceptan caladamente os despedimentos, os recortes de salarios e as ampliacións de horarios (traballar máis por menos) poidan levar un duro correctivo.

A nosa posición é clara, hai que actualizar os salarios, en 2021 (sen guerra na Ucraína) o IPC subiu un 6,5 %, este ano vai no 7,3 %, e Organismos Públicos falan dunha suba dos prezos que pode ir até o ano 2025.

Nunca buscamos unha dádiva vergoñenta, que pode valerlle aos «recortadores profesionais» de cara ao proceso de . O que demandan os cadros de persoal son medidas para recuperar o perdido e evitar novas perdas: é dicir unha cláusula de revisión salarial ligada ao IPC.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 221123 [.pdf • 88 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA