4 de outubro de 2022

Por que hai que rexistrar correctamente a xornada? Consecuencias de rexistrala mal

O rexistro de xornada é un dereito conseguido pola CIG, que ten coma obxectivo evitar a fraude en materia de xornada por parte das empresas. Pero legalmente tamén é unha obriga legal para o persoal.

Non rexistrar correctamente a xornada pode ter consecuencias:

Accidente Laboral: Se non rexistras a xornada laboral real e tes un accidente laboral, a Mutua pode negarse a recoñecelo como accidente laboral, coas implicacións que iso ten. Xa houbo casos no sector, non é unha entelequia.

Sancións: Se hai algún tipo reclamación dunha operación e esta foi realizada fóra da xornada laboral en tempo sen rexistrar, pode agravar a situación. Houbo casos no sector, bancos que nos escritos de apertura dun expediente alegaban como «proba» da «intencionalidade» e da «ocultación» que unha operación foi realizada «fóra do horario nun período non rexistrado».

Despedimentos: A maior parte dos despedimentos inxustos son alegando «baixada voluntaria do rendemento», malia que a baixada sexa falsa. A existencia de horas «adicionais» demostra que non hai tal baixada voluntaria do rendemento. O mesmo se rexistras que facías horas e deixas de facelas, a baixada do rendemento asociada non pode ser motivo de despedimento.

Maiores obxectivos: Fronte ao inxusto e antisocial modelo de Dirección por obxectivos (no cal o banco impón obxectivos crecentes e despreocúpase do tempo que che leve cumprilos) unha das ferramentas sindicais para acoutar a suba dos obxectivos é o rexistro de xornada. A carga de traballo debe ser realizable durante a xornada laboral.

CC.OO, ACB e UGT aceptaron un modelo de rexistro de xornada fake que ten consecuencias que van máis alá do impago das horas extras (en tempos de recortes salariais) e da fraude por non cotizalas (en tempos de recortes das pensións).

Rexistrar a xornada sen computar as horas efectivas é facer trampas ao solitario. E por riba o banco dirá que estás na oficina, causándolle gastos á empresa, pero sen producir.





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 221004 [.pdf • 109 kB]



Ningún comentario: