Amosando publicacións coa etiqueta sancións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sancións. Amosar todas as publicacións

4 de outubro de 2022

Por que hai que rexistrar correctamente a xornada? Consecuencias de rexistrala mal

O rexistro de xornada é un dereito conseguido pola CIG, que ten coma obxectivo evitar a fraude en materia de xornada por parte das empresas. Pero legalmente tamén é unha obriga legal para o persoal.

Non rexistrar correctamente a xornada pode ter consecuencias:

1 de xullo de 2015

Unha lei para amordazar a loita obreira

A , do 30 de marzo, de protección de seguranza cidadá (LOSC, xa coñecida popularmente como «Lei Mordaza») introduce un catálogo de faltas ou infraccións que non pondera as circunstancias especiais que concorren no exercicio dos dereitos fundamentais de liberdade sindical e folga, o que pode producir efectos contrarios á propia .
En resumo, a «Lei Mordaza» converte os conflitos laborais en conflitos de orde pública.

A represión da protesta social mediante o dereito administrativo sancionador adoita presentarse como máis leve ou benévola que a puramente penal. Porén, a contrapartida é a drástica redución das garantías xurídicas que caracteriza o dereito administrativo: a Administración actúa como xuíz e parte, os seus actos son executivos e gozan de presunción de acerto e legalidade e a impugnación xudicial das sancións en vía contencioso-administrativa convértese moitas veces nun calvario lento e custoso.


14 de febreiro de 2008

Solidariedade cos traballadores e traballadoras de Bosch

O cadro de persoal do callcenter da multinacional alemana Bosch en estase vendo sometido a unha vaga represiva por parte da empresa con despedimentos e sancións, nomeadamente a delegadas e candidatas da CIG.

Vaia dende aquí a nosa solidariedade. Podedes consultar o comunicado público de denuncia da Sección Sindical da CIG en Bosch.