Estamos recibindo comunicación de positivos que superan con moito aos casos coñecidos nos primeiros meses da Covid-19. Sen dúbida debido a realización de probas PCR. Non se trata de alarmar, pero si de lembrar a necesidade de cumprir todas as medidas preventivas e explicar o noso traballo.
En primeiro lugar dende a CIG queremos transmitir todo o noso apoio as persoas afectadas e as súas familias.
En segundo lugar e ante as novas situacións seguimos trasladando propostas ao Departamento de Prevención co fin de evitar ao máximo os riscos de contaxio no traballo. Pensando no cadro de persoal e na clientela.
Transmisión polo aire: A OMS recoñeceu que o virus pode transmitirse polo aire en lugares pechados. Temos proposto a utilización de filtros HEPA (antivíricos) nas instalacións dos aires nos centros de traballo.
Restricións nos Concellos de Santiago, Ourense, Carballo, A Laracha e Santa Comba: A Xunta de Galicia estableceu restricións nos citados Concellos. Continúan vixentes en Lugo, Arteixo e A Coruña. Propuxemos que con carácter xeral e cando se produza este tipo de restricións, se proceda a reducir o aforo das oficinas a unha persoa por traballador/a (inclusión en protocolo).
O virus segue aquí con toda a capacidade de infectar e matar, extrememos as precaucións e as medidas preventivas.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario