Un ano máis, foi comunicada a convocatoria dos exames de ascenso a Niveis VIII, IX e X. Nesta ocasión, unicamente existen 48 prazas para o nivel de Técnico e non hai prazas vacantes para o ascenso aos niveis IX e X do grupo profesional Administrativo. A norma coa información completa é a GR.15.002
, onde dispoñedes do enlace para facer a inscrición na proba.
A data do exame está prevista para o mes de novembro deste ano nun lugar e data concreta por determinar. Agardamos que nesta ocasión se produza en día hábil, evitando que os compañeiros e compañeiras que opositen teñan que destinar máis do seu tempo de lecer do absolutamente imprescindible. Lembremos que moitos e moitas se desprazan dende ben lonxe e, se é o caso, teñen que facer noite na Coruña.
O prazo de admisión de solicitudes remata o 15 de xullo de 2015. A reclamación dos non admitidos e non admitidas farase a través do SAE e ten o mesmo prazo. A listaxe de admisión poderase consultar na INTRANET do Banco : Intranet, TU&BBVA, TU&BBVA (Grupo BBVA), Otros Procesos.
O temario tédelo dispoñible na súa versión on-line a través da plataforma de Campus BBVA, e pódese acceder dende calquera ordenador no enderezo www.campusbbva.com
. Para o seu estudo, recomendamos pasalo a papel, para evitar esforzos visuais excesivos.
Lembrade que a data de efecto do ascenso é dende 1 de xaneiro de 2015, segundo estipula o Convenio Colectivo de Banca.
Se tendes calquera dúbida ou dificultade, contades cun delegado ou delegada da CIG a vosa disposición. Contactade con nós. Tentaremos axudar.
Moi boa sorte para todos e todas !!!

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario