O vindeiro domingo 8 de marzo, a CIG participará como organización convocante, xunto con outras organizacións que forman parte do movemento feminista galego, nunha mobilización UNITARIA que sairá ás 12 h. da Estación de tren de Compostela. Facemos un chamamento á vosa participación activa na mesma.
A Secretaría das Mulleres da CIG levará faixa propia co lema da campaña do 8 de marzo «Salario xusto. Traballo digno» campaña coa que pretendemos facer unha chamada de atención sobre cal é a realidade laboral das mulleres galegas, que fica abranguida entre a emigración, o paro e o infraemprego.

Convocatoria da manifestación: noticia no xornal «Avantar»
Ningún comentario:
Publicar un comentario