25 de febreiro de 2015

Vannos oír en Bilbao

Si, vannos oír. Alto e claro. Na Xunta Xeral de Accionistas do BBVA que se celebrará o próximo 13 de marzo, en Bilbao. Como fixemos nas anteriores convocatorias. Para que a voz das compañeiras e compañeiros galegos do banco teña presenza no foro onde se acordan asuntos que marcarán o noso futuro.

24 de febreiro de 2015

Arranca, parcialmente, a negociación do Convenio da Banca

Unha vez realizadas as eleccións sindicais no sector, o 23‐F arrancou a negociación do Convenio Colectivo Estatal da Banca Privada, na que a CIG estará novamente presente grazas ao voso apoio. A patronal, semella que aproveitando a data, anunciou que pretende dar un golpe as condicións laborais.

As negociacións de todos os Convenios de carácter estatal, están paradas a expensas do que denominan «Acordo Interconfederal de Negociación Colectiva», que negocian dun xeito excluínte os sindicatos centralistas e as patronais de Madrid. Nese senso xa houbo unha cesión previa por parte de CC.OO e UGT que afectará a todos os Convenios, incluídos o da Banca Privada: os salarios non subirán en consonancia coa suba do custe da vida.

Malia que a negociación do Convenio Colectivo da Banca Privada, non avanzará dun xeito cuantitativo até que non se peche ese «Acordo Interconfederal», na reunión do 23F marcáronse as posicións que cada quen defenderá durante a negociación.

A patronal explicou que pretende modificar totalmente o Convenio. Falan de adaptalo aos novos tempos pero, en realidade, trátase de recortar con carácter xeral as condicións laborais, aviso ao que estamos afeitos no inicio de calquera negociación, pero que neste caso vese amparado polo marco normativo creado polas sucesivas reformas laborais.

Dende a CIG explicamos que levamos 4 anos de empeoramento das condicións laborais e importante perda de postos de traballo. Fronte a intención de desregular as condicións laborais no sector, defendemos a negociación colectiva como un instrumento válido, tamén para a recuperación poder adquisitivo dos bancarios e bancarias. Neste senso seguimos apostando por un Marco galego de negociación colectiva.

Aclaracións ante as declaracións de CC.OO:
É falso que as prácticas inmorais sucedan en todos os sindicatos

A Dirección de CC.OO nos sectores de Banca, Aforro, Centros de Chamadas e Oficinas, para defenderse dos escándalos destapados polo (curiosamente despois das eleccións na banca), declarou que «esto sucede en todos os sindicatos». Pretendían xustificar o que consideramos inmoral, facendo ver que no sector é habitual o pago de sobresoldos a delegados/as liberados/as (que xa cobran o seu salario das empresas), que é habitual recibir subvencións multimillonarias das empresas ao tempo que asinaban Expedientes de Despedimentos e recortes nas condicións laborais, ou que son habituais os gastos en mariscadas e viaxes suntuosos.

Pensamos que corresponde a CC.OO dar explicacións ante os cadros de persoal das empresas e ante o conxunto da sociedade, pero dado que pretenden estender un manto de dúbida sobre outros sindicatos, queremos aclarar o seguinte sobre a actuación da CIG:

  1. Ningún delegado ou delegada da CIG cobrou sobresoldos. O noso traballo sindical é por compromiso persoal e militante. Ademais, en non poucos casos, ir en candidaturas da CIG provoca persecucións por parte das empresas. Os delegados e delegadas da CIG non buscan o beneficio persoal.
  2. A CIG non asinou ningún acordo que implique un maior salario ou mellor carreira profesional para os nosos delegados ou delegadas.
  3. Cando os delegados e delegadas da CIG visitamos centros de traballo ou cando nos reunimos, se comemos fóra, cada quen paga o seu xantar do seu peto.
  4. Sendo certo que as empresas teñen o deber legal de colaborar coa representación legal dos traballadores/as, non caben subvencións desmedidas, opacas e inxustificadas, e moito menos durante procesos de reestruturación. Asinar acordos que implican despedimentos e recortes salariais, ao tempo que se perciben subvencións millonarias das empresas, é totalmente inmoral e incluso pode ser sospeitoso.
  5. Para a CIG, a afiliación dos traballadores e das traballadoras debe ser a fonte de financiamento sindical, como garante da independencia na toma de decisións fronte as empresas.

17 de febreiro de 2015

Que esconden os tratados transatlánticos da UE cos EUA e Canadá?

Non ao TTIP

Máis explotación, máis pobreza, menos soberanía, menos dereitos e menos democracia. Ese podería ser o resumo das consecuencias que os tratados transatlánticos de libre comercio que a UE está a negociar cos EUA e Canadá —os denominados TTIP e CETA— van supor para as clases populares. Uns acordos que non se discuten en ningún parlamento e cuxas negociacións son secretas.
Por iso, a CIG ten en marcha unha campaña que, nunha primeira fase, pretende divulgar o contido dos tratados, ante a escasa información que existe sobre os mesmos e a ocultación por parte dos grandes medios de comunicación de tan grave ataque aos nosos dereitos.

12 de febreiro de 2015

Máis representativo grazas a ti

CIG / BBVA é o sindicato máis representativo, o máis votado e o que maior número de delegadas e delegados acadou entre as cinco organizacións que veñen de competir no proceso electoral dentro do territorio galego. Grazas ás compañeiras e compañeiros que nos outorgaron a súa confianza. É tempo de asumir a responsabilidade recibida.

11 de febreiro de 2015

Eleccións Sindicais BBVA 2015: Resultados

De novo, a CIG foi o sindicato mellor valorado por todos e todas vós no ámbito do BBVA en Galiza, renovando a súa maioría sindical cos seguintes resultados:

A CIG obtivo o 29'9% dos votos emitidos, o que supón 15 delegados
 
Queremos destacar que a CIG obtivo 261 votos, sendo a primeira forza sindical en Galiza no BBVA. Estes resultados van garantir a nosa presenza na mesa negociadora do convenio de banca.
 
Consulta na intranet do banco, os compañeiros e compañeiras elexidos


9 de febreiro de 2015

Coa forza do teu voto

Coa forza do teu voto nós seremos a túa voz na defensa do posto de traballo fronte a novas fusións, regulacións e peche de oficinas. Para rematar coa práctica dos horarios abusivos. Conquistar salarios e beneficios que fagan xustiza ao que se fai. Promoción de carreira e traslados con obxectividade e transparencia. A plena igualdade real.

CIG / BBVA, a voz sindical de proximidade

Sabido é que na CIG, pola nosa condición exclusivamente galega, contamos co noso centro de decisión aquí, ao carón de todas e todos vós. Non temos liberados/as polo BBVA, nin gozamos de recursos de empresa que condicionen ou limiten o noso compromiso irrenunciable á defensa do interese das compañeiras e compañeiros que o precisen. Amparados legalmente pola nosa condición de «sindicato máis representativo», a nosa participación nas negociacións sectoriais ou de empresa, supoñen a oportunidade de trasladar a problemática directa e próxima que poida afectar a cada un/unha de vós, sen deixar de abordar os grandes retos laborais da totalidade do colectivo.

8 de febreiro de 2015

Eleccións sindicais: as nosas propostas

O 11 de febreiro celebramos eleccións sindicais e pedimos o teu apoio nas urnas para seguir traballando na defensa dos dereitos de todos e todas nós.

Eleccións sindicais: a forza da clase traballadora

Velaquí as loitas que afrontamos e as nosas liñas de actuación:

4 de febreiro de 2015

Maniféstate pola lingua

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación convocada pola plataforma , da que formamos parte, que baixo o lema «Polas fillas dos nosos fillos» partirá o día 8 de febreiro, ás 12 h, da , diante da dramática situación na que se atopa a nosa lingua coa perda acelerada de galegofalantes. Unha situación que se viu confirmada cos datos máis recentes do do IGE, no que se constata, entre outras cuestións, que o 75%  de menores de 15 anos non fala nunca en galego.

3 de febreiro de 2015

Máis necesario que nunca

A túa vozPara os tempos difíciles que se viven na banca é necesario un sindicalismo de proximidade, pegado á realidade cotiá dos problemas laborais, incansable, combativo, honrado e honesto. O modelo que compromete CIG/BBVA


Para defender unha xornada laboral racional.

EE11F15

Tanto o Convenio Colectivo da Banca, coma acordos a nivel de empresa, permiten ás Direccións impoñer uns horarios de traballo irracionais a través da extensión ilegal da xornada. Ademais acaba de abrirse unha guerra de horarios no sector financieiro coa aceptación por parte dos sindicatos estatais da apertura polas tardes das oficinas nalgunhas empresas. Votar as candidaturas da CIG é asegurarse poder contar cunha representación disposta a defender uns horarios racionais.
A CIG non asinou ningún acordo para estender os horarios, nin para abrir as oficinas todas as tardes.


Candidatura 2015 CIG BBVA nas principais cidades de Galiza