10 de setembro de 2014

Nos xulgados dannos a razón

Compañeiras e compañeiros desprazados en comisión de servizo, en breve ides ver rematado o período inicial de doce meses establecido pola empresa. Como mínimo, un mes antes da data de finalización que se incluía na carta enviada polo banco no seu día, é preciso que lle notifiquedes a RR.HH que non queredes prorrogar esta situación. Doutro xeito, a empresa podería estender a comisión nunha prórroga tácita. Lembrade tamén que a volta é á vosa praza de orixe, non a outra diferente, agás acordo voluntario co banco.


Temos a vosa disposición un modelo para remitir á empresa para facer esta xestión. Contactade cos nosos delegados/as e volo faremos chegar. Tamén podedes poñer un correo ao noso enderezo

A mobilidade xeográfica do persoal está suxeita a regras que o banco non está a respectar, incumprindo a Lei e polo que está a perder sentenza tras sentenza. Porque non teñen razón e non poden facer o que lles pete, violando sistematicamente os dereitos dos que ousan dicir que NON.

Mais aló do límite dos 25 km.:

  • O/A traballador/a ten que dar o seu consentimento. Sen él, non o poden facer.
  • A falta de acordo coa empresa, e por necesidades do servizo, a empresa debe coller dentro de cada grupo profesional, entre o 5% máis moderno na empresa (de toda a empresa) e, dentro deste 5%, ós/ás que sufran menos prexuízos atendendo os criterios seguintes:
    • Traslado anterior forzoso non disciplinario
    • Discapacitados/as ou en tratamento médico que non poda facerse fóra da praza de orixe.
    • Número de fillos/as.
    • Proximidade xeográfica ó posto a cubrir.
Ante igualdade nestes criterios, a antigüidade na empresa (no conxunto do cadro de persoal do BBVA no Estado español) é determinante.

  • Protección da muller e a conciliación; non se pode trasladar sen o seu consentimento a embarazadas, lactantes ou persoas con xornada reducida por coidado de fillos/as.

A sentenza a favor dunha compañeira galega dálle a razón. Este é o criterio obxectivo e non o que se estivo a aplicar dende RR.HH—Noroeste. Esta compañeira non dubidou en facer valer os seus dereitos e os xuíces déronlle a razón. A empresa non está por riba do ben e do mal. Os criterios son claros e iguais para todos/as e hainos que facer valer. O sindicato, ante asuntos desta índole, está para acompañarte no proceso e asesorarte, e se temos que facer valer os teus dereitos, farase con todas as capacidades ao noso alcance. Queremos salientar á súa decisión e a súa forza á hora de defender o seu.
Compañeiros e compañeiras, no momento en que nos deamos conta de que entre todos e todas temos a forza, que a empresa está tamén suxeita ás normas, á Lei, ao Convenio, nese momento esta empresa deixará de ser unha empresa grande para converterse nunha gran empresa onde traballar. Os tempos son chegados e todos/as sumamos para facelo realidade.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 140910 [.pdf • 36 kB]


Ningún comentario: