Dende o inicio da crise a CIG está a defender un conxunto de propostas alternativas orientadas a unha saída favorábel para a clase traballadora galega e feitas dende unha perspectiva de defensa dos nosos intereses nacionais.
Somos conscientes de que as políticas de concentración e centralización da riqueza e do poder afondan no carácter colonial e periférico de Galiza e só dende alternativas feitas en función da nosa propia realidade social e económica, de reforzo do noso autogoberno e da capacidade de dicidir libremente en todas as materias poderemos ofrecer medidas que sirvan os intereses da clase traballadora e garantan un reparto equitativo da riqueza.
Medidas para o emprego…
- Promoción do consumo dos produtos galegos como forma de reactivación do mercado interior e contribuír a manter o emprego.
- Plan de desenvolvemento industrial que promova o peche dos ciclos produtivos en Galiza e aumente o valor engadido en aqueles sectores básicos da nosa economía (pesca, conserva, forestal, moble, agrogandería, pedra natural, automoción, naval…).
- Constitución de empresas públicas galegas nos sectores estratéxicos da nosa economía. Creación do Instituto Galego da Empresa Pública.
- Redución da xornada laboral a 35 horas semanais sen perda de salario.
- Dignificación dos salarios e mellora do poder adquisitivo.
- Forte incremento do investimento público e o gasto social en infraestruturas mellora dos servizos públicos e en I+D+I.
- Profunda reforma fiscal para que paguen mais aqueles que mais teñen (as rendas mais altas, as grandes fortunas, a banca, as grandes empresas…). Obriga de que todas as empresas con centros de traballo en Galiza paguen aquí os seus impostos. Persecución efectiva da enorme fraude fiscal existente.
- Creación dunha Banca Pública comercial que facilite o crédito a familias e as pequenas e medianas empresas. Non á privatización de NG Banco.
- Creación dun salario de inserción laboral para todas as persoas desempregadas que non cobren outro tipo de prestación.
- Fomento da gandería e agricultura ecolóxicas. Apoio público aos circuítos de proximidade para a transformación e comercialización directa polos agricultores dos seus produtos.
- Plan integral de recuperación dos caladoiros do litoral, das rías e dos bancos naturais de marisqueo. Esixencia á Unión Europea e ao Estado español de que os acordos que asinen con terceiros países non exclúan a flota galega.
- Creación dun Complexo Industrial da Construción Naval na Ría de Ferrol, así como dun holding na Ría de Vigo, con participación pública e privada, que integre os estaleiros, as empresas auxiliares e as empresas de transformación do metal.
- Consideración da enerxía como un servizo público. Creación dunha Tarifa Eléctrica Galega.
- Fomento, por parte da Xunta de Galiza, da produción propia en todos os ámbitos da creación e difusión da nosa cultura.
- Proceder a unha auditoría da débeda pública, negándose a pagar aquela parte da débeda que sexa considerada ilexítima.
O resumo nestas 15 propostas (das 100), é a nosa visión que precisa Galiza para o crecemento económico e a creación de emprego, son as que se propoñen para ser debatidas no Parlamento Galego, previsiblemente no mes de abril, unha vez presentadas as 15.000 sinaturas necesarias.
De seguido tedes a vosa disposición para a súa lectura as 100 medidas e os pregos de sinaturas en calquera local do sindicato.
Animarvos a participar nesta campaña (para a presentación da ILP), 100 medidas para a creación de emprego en Galiza, pois sen emprego non hai futuro, Salvemos Galiza!!!.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario