GR.11.001
(Niveis IX e X) e GR.11.002
(Nivel VIII), e as podedes consultar a través de e-spacioEspazo persoal > Para ti dRRHH > Portal de Formación > Concurso Oposición. A data do exame [.vcs • 1 Kb] será o martes 15 de novembro no Centro de Formación Noroeste, na rúa Juana de Vega 2, 2° andar, A Coruña, e, coma sempre, estaremos presentes para comprobar que o proceso transcorre segundo as normas.
O exame, coma en anteriores convocatorias, será tipo test con 4 posibles respostas por pregunta e só unha válida. Haberá 3 versións do exame para cada nivel coas mesmas preguntas en distinta orde.
- NIVEL VIII.— 60 preguntas de 09:30 a 12:00 (2’30 horas).
- NIVEL IX. — 60 preguntas de 12:30 a 15:00 (2’30 horas).
- NIVEL X. — 60 preguntas de 16:00 a 18:30 (2’30 horas).
Non esquezades que na presentación ao exame é necesaria a acreditación por medio de DNI, Pasaporte ou Permiso de Conducir, xa que é requisito indispensable para o acceso ás probas. Non se permite o uso de calculadoras.
Unha vez comezado o exame poderán incorporarse persoas que cheguen tarde á proba mentres que non saíra ninguén da aula. Para evitar molestias, non se permite a saída ata pasados 30 minutos para o exame de niveis IX, e 1 hora para nivel VIII.
O día 17 reúnese o tribunal para corrixir os exames. Para optar á praza, a puntuación mínima para calquera dos niveis será de 5 puntos. Tede en conta que este ano hai máis solicitudes que vacantes no nivel VIII, polo que canto mellor sexa a cualificación que obteñades, máis posibilidades teredes de acadar o ascenso.
As relacións de aprobados e aprobadas terán que ser expostas na Territorial na primeira quincena de decembro de 2011 e haberá 10 días dende a súa publicación para posibles reclamacións.
Os gastos de viaxe, que só se pagarán ás persoas que realicen efectivamente o exame, son, outra vez, inxustamente restritivos:
- COMIDAS: Só para opositores/as fóra da praza do exame. Máximo de 12,02 euros.
- VIAXES: Só para opositores/as fóra da praza do exame. Usáranse medios de comunicación públicos. Excepcionalmente e por ausencia destes, se tivera que desprazarse no seu vehículo particular, compensárase o gasto a 0,24 euros/km. exclusivamente e só se a distancia entre o centro de traballo e o de exame é de máis de 25 quilómetros. É dicir, que non teñen pensado pagar nin peaxes nin aparcamentos.
- ALOXAMENTO: Só para concellos moi lonxe da praza do exame. Para reservar hotel, tedes que contactar con Eva Bayle Sánchez (
U094834
, Ibercom88916
ou no buzón de correoBZB00439
). - CLAVE DE LIQUIDACIÓN DE GASTOS:
000393
.
Recomendacións ás persoas interesadas:
- Buscade as combinacións viables en transporte público tendo en conta, naturalmente, o desprazamento dende a estación de tren ou autobús ata o hotel e ata o lugar do exame. Tede en conta que non vos van pagar peaxes nin aparcamento, polo que seguramente sairavos moito máis a conta o transporte público, aínda que e fácil que vos obrigue a pernoctar na Coruña debido aos horarios.
- En caso de dúbida podedes contactar coas persoas responsables do Centro de Formación para evitar problemas: Eva Bayle Sánchez (
U094834
, Ibercom88916
) ou no buzón de correo de formaciónBZB00439
. - Contactade cos/coas vosos/as Representantes Sindicais no caso de atopar problemas de calquera tipo. Tentaremos axudar.
Ligazóns relacionados:
Buses urbanos: Liñas e horarios http://ir.gl/BUS-Coru
Horarios do tren desde Compostela http://ir.gl/RENFE
Procura de Buses Interurbanos http://ir.gl/BUSES-Cor
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario