Podedes atopar o regulamento no espacio, en Normativa, buscando polo número de comunicación:
- NIVEL VIII:
GR.11.002
- NIVEIS IX E X:
GR.11.001
O prazo de admisión de solicitudes desta convocatoria finaliza o 30 de xuño.
A solicitude de admisión a calquera dos concursos, ten que facerse a través do Campus Virtual de Formación, seguindo esta ruta de acceso:
Espacio personal / Para ti dRRHH / Portal de Formación / Concurso Oposición / Solicitud Concurso Oposición
.Ao acceder por esta ruta, a duración dos cursos é un dato ficticio, así como as datas que figuran nos pantallazos da guía. Esperamos que nos fagades chegar calquera comentario ou dúbida que teñades.
Lembrade que quen o precise, poderá solicitar os manuais en papel, enviando unha solicitude razoada ao correo electrónico do Centro de Formación da D.T. Noroeste: formacion.noroeste@grupobbva.com, indicando a dirección da oficina á que se deben remitir.
Deste xeito facilítase o estudo, xa que a extensión da materia fai que non sexa sempre posible nin recomendable o estudo directo dende a pantalla, nin a impresión de cada manual páxina a páxina.
Temos tamén que recomendar unha vez máis que toda aquela persoa que poida, se presente as probas, xa que o ascenso, que conta dende xaneiro de 2011, é importante, afecta ao soldo pensionable, e non é unha retribución voluntaria que poida aparecer ou desaparecer a vontade da patronal.
Xa vos comunicaremos con tempo a data do exame, que será no último trimestre do ano. Normalmente ten lugar a mediados de novembro.
Seguiremos procurando información destes temas e contamos coa vosa colaboración para que nos comuniquedes calquera problema, dúbida ou inquietude que teñades ao respecto.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario