A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA) vén de publicar no seu sitio web
www.fesga.org
as primeiras entregas da serie «Coñece Galiza», baseada en percorridos histórico-turísticos pola nosa xeografía.Os vídeos documentais, de 15 minutos de duración, veñen acompañados por un caderno despregábel.
«Noia e comarca» e «Ferrol naval e obreiro» son as primeiras achegas desta serie, que non se limita a ofrecer os principais monumentos e lugares de interese, senón que indaga nas orixes históricas das vilas e trata de ligar o desenvolvemento urbano aos procesos históricos, sociais e económicos.
FESGA (Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza)
PS. Dende o 15 de abril, FESGA chámase «Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical de Galiza»
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario