En primeiro lugar, destacamos que a AEB fixera públicos, o día anterior, os beneficios do primeiro trimestre do ano (3.714 millóns de euros). O propio Secretario Xeral da AEB valorounos positivamente e dixo que poderían mellorar ao longo do ano, o que, dende logo, tirou por terra o seu argumento sobre a crise do sector financeiro utilizado para tratar de xustificar recortes salariais.
Por outra banda, fixemos constar que dada a preocupación da AEB polo medre do desemprego, non entendemos a súa política laboral pola que o persoal estende xornada de xeito irregular (destruíndo emprego), as oficinas están baixo mínimos, grandes bancos están exteriorizando a carga de traballo e algún, incluso, deslocalizando parte do emprego a América Latina. A patronal esquece que a falta de financiamento ás empresas é a responsable de gran parte do paro.
Dende a CIG dixemos que non é de recibo que, mentres a UE di estar preocupada polos salarios exorbitantes dos Directivos aos que se responsabiliza da crise económica, a estes só lles preocupe baixar os salarios dos traballadores e traballadoras do sector.
Aclaramos que estamos por ir avanzando en materias concretas (o que parece que vai comezar na seguinte reunión) para evitar alongar a negociación. Queremos un Convenio xusto e querémolo xa.
Así mesmo, e ante as novidades introducidas na reforma da negociación colectiva contra a que a CIG saíu a rúa o 16 de xuño, expuxemos que os acordos de empresa en ningún caso deben empeorar as condicións pactadas a nivel sectorial, reafirmándonos ao mesmo tempo na nosa reivindicación do Convenio Galego da Banca.
A AEB debe deixar de enredar e sentarse a negociar en serio, doutro xeito tamén os traballadores e traballadoras da banca que a cotío estamos dando a cara fronte a clientela e a sociedade en xeral, teremos que saír á rúa a demostrar a nosa indignación fronte ás direccións dos bancos. Razóns sobran
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario