20 de xuño de 2011

A CIG de novo na rúa, contra a «Reforma da negociación colectiva» e polo noso Convenio

Unha vez escenificada a ruptura da negociación entre (CC.OO e UGT), o Goberno Central aprobou por Decreto a Reforma da negociación colectiva. Unha vez máis estamos ante decisións de recortes sociais que toman a crise como escusa pero que foron formuladas con antelación á mesma: a «flexiseguridade» foi plantexada pola UE no 2007. Un decretazo que empobrece os Convenios e lles resta eficacia fronte as decisións da empresa.

  • Modifica a estrutura da negociación colectiva. Se ata o de agora os Convenios de Empresa non podían empeorar o establecido no Convenio Sectorial (que establecía as condicións laborais mínimas), coa reforma, a negociación na empresa poderá decidir en materias como salarios, horarios ou clasificación profesional, por baixo do Convenio Sectorial. Ademais, a nivel das grandes empresas persegue dar o monopolio da negociación a CC.OO e UGT, poñendo trabas á participación do resto de sindicatos.
    Tamén a reforma avanza cara a centralización dos convenios sectoriais. Restrínxese a participación dos traballadores/as implicados na toma de decisións, empobrecendo a negociación colectiva.
  • Modifica o contido dos Convenios. Tal e como pactaron CEOE - CC.OO - UGT previamente, os Convenios recollerán medidas en materia de «flexibilidade salarial» (facilidades de modificación ou recorte salarial unilateral, ou incluso pagos en especies); «flexibilidade horaria» (non confundir con que o persoal poda elixir horarios, será a empresa a que poda modificar a estrutura dos horarios); eliminar límites á mobilidade xeográfica ou eliminar as limitacións á mobilidade funcional.
  • Modifica a vixencia. Se ata o de agora cando vencía un Convenio, mantiña a súa vixencia ata que se negociase un novo, agora o Goberno limitou a ultraactividade e estableceu unha arbitraxe.

Por todo isto a CIG saíu de novo a rúa. O pasado 16 de xuño a CIG celebrou unha asemblea nacional de delegados/as en Santiago e posteriormente unha manifestación. As delegadas e delegados da CIG no sector de Banca saímos a rúa para protestar pola situación do noso convenio, e a intención das empresas de recortar salarios e dereitos laborais.

Manifestación de delegados e delegadas da CIG en Compostela o pasado 16 de xuño 2011
Delegados e delegadas da CIG BBVA en Compostela o pasado 16 de xuño. Foto: (CC) SusoPb




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 110620 [.pdf • 347 Kb]

Ningún comentario: