Amosando publicacións coa etiqueta CEPYME. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CEPYME. Amosar todas as publicacións

13 de xullo de 2015

Un novo pacto de CC.OO e UGT para seguir empobrecendo a clase traballadora

As organización empresariais CEOE/CEPYME e as centrais sindicais CC.OO e UGT veñen de asinar a nivel do Estado o III ACORDO PARA O EMPREGO E A NEGOCIACIÓN COLECTIVA, con vixencia para os anos 2015, 2016 e 2017.

O contido e os beneficiarios/as deste acordo quedan perfectamente definidos coa frase que utilizou o secretario xeral da UGT na presentación pública do mesmo: «Al final tocamos todos la misma melodía». Efectivamente, unha vez máis estas dúas centrais sindicais terminan tocando a melodía que lles impón a patronal.

20 de xuño de 2011

A CIG de novo na rúa, contra a «Reforma da negociación colectiva» e polo noso Convenio

Unha vez escenificada a ruptura da negociación entre (CC.OO e UGT), o Goberno Central aprobou por Decreto a Reforma da negociación colectiva. Unha vez máis estamos ante decisións de recortes sociais que toman a crise como escusa pero que foron formuladas con antelación á mesma: a «flexiseguridade» foi plantexada pola UE no 2007. Un decretazo que empobrece os Convenios e lles resta eficacia fronte as decisións da empresa.