Os traballadores e traballadoras, estudantes, mozos e mozas, pensionistas, autónomos e pequenos empresarios, somos as vítimas desta crise provocada por banqueiros e oligarcas. Especuladores que a golpe de pelotazos urbanísticos, de burbullas especulativas en sectores estratéxicos (inmobiliario, financeiro, enerxético ou alimentario), recortando salarios, e precarizando as condicións laborais, os servizos públicos ou apropiándose do patrimonio público industrial e financeiro, acumularon mais riquezas e poder institucional.
Eles provocaron a crise económica e seguen a gañar miles de millóns de euros ao ano, especulando coa débeda pública, rebaixando salarios, reducindo o gasto público con reformas laborais e de pensións, mentres miles de traballadores e traballadoras perden o seu emprego e a súa vivenda.
Ante esta situación inxusta, ante tanta explotación e abuso de poder por parte de bancos, multinacionais, gobernos e institucións financeiras, temos que revelármonos, esixindo outro modelo de sociedade máis xusta, solidaria e democrática.
Na CIG levamos anos indignados e mobilizándonos, denunciando aos culpábeis directos da mesma, así como aos gobernos e partidos políticos (PSOE/PP) que lle dan cobertura.
Por eso os chamamos a todos os parados e paradas e, a todas aquelas persoas que sintan a necesidade de revelarse contra esta situación inxusta e vergoñenta, a que participen nas marchas de parados e paradas que, a partir do día 29 de xuño, vanse por a camiñar, desde as principais comarcas de Galiza, nunha grande Marcha galega polo emprego, para rematar en Santiago de Compostela, o domingo 3 de xullo, nunha manifestación nacional.
Ligazón relacionada:
Marcha Galega polo Emprego
Ningún comentario:
Publicar un comentario