Dende a Sección Sindical da Confederación Intersindical Galega (CIG) no Banco Bilbao Biscaia Arxentaria (BBVA), animámosvos a todos e todas a participar activamente na FOLGA XERAL DO 29 de SETEMBRO e tamén nas manifestacións convocadas por nós para o mesmo día da folga xeral.
Os horarios (CEST) das distintas mobilizacións programadas pola CIG para rexeitar a reforma laboral do Goberno español e reclamar outro modelo económico e social máis xusto e solidario son os seguintes:
Lembrade que os dereitos dos traballadores e traballadoras e a mellora das nosas condicións de vida, sempre se conseguiron pola vía da mobilización e da folga. Coas medidas que se están a adoptar preténdese que paguemos unha crise que non provocamos. Na CIG apostamos por conquistar un modelo económico e social que favoreza un xusto reparto da riqueza e que evite a súa concentración en poucas mans, como ocorre actualmente.

- A Coruña, 12.00 h., praza de Vigo.
- Compostela, 12.30 h., praza Roxa.
- Ourense, 12.00 h., Pavillón dos Remedios.
- Lugo, 12.30 h., parque de FRIGSA.
- Ferrol, 12.30 h., avenida de Esteiro (locais da CIG).
- Pontevedra, 12.00 h., praza da Ferrería.
- Vigo, 12.00 h., cruce da Doblada.
- Foz, 18.00 h., rúa Álvaro Cunqueiro 33 (diante de Facenda).
- Vilagarcía, 12.00 h., Casa do Mar.
- Noia, 12.30 h., rotonda de San Lázaro.
- Cee, 12.00 h., Praza 8 de Marzo.
Lembrade que os dereitos dos traballadores e traballadoras e a mellora das nosas condicións de vida, sempre se conseguiron pola vía da mobilización e da folga. Coas medidas que se están a adoptar preténdese que paguemos unha crise que non provocamos. Na CIG apostamos por conquistar un modelo económico e social que favoreza un xusto reparto da riqueza e que evite a súa concentración en poucas mans, como ocorre actualmente.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario