O longo traballo realizado pola afiliación e a representación sindical nos meses anteriores á folga, logo de celebrar centos de asembleas de traballadores(as), de "patexar" miles de centros de traballo repartindo a propaganda, de pasar dous días sen durmir participando nos piquetes informativos, a sociedade galega volcouse con nós.
Nas manifestacións celebradas en todalas cidades e en numerosas vilas do país, a participación chegou ata 80.000 persoas, sendo as máis numerosas celebradas en dita xornada.

En Compostela mudouse o final da manifestación, debido a gran morea de xente,
da praza Toural cara a praza das Praterías. Foto: (CC) SusoPB
A nosa resposta ficou clara: cómpre agora a retirada da reforma!!!
Porque o capitalismo é un modelo que só pode ser mudado coa forza non só da nosa clase, senón da sociedade nos seu conxunto. Alí estiveron berrando mozas e mozos menores de idade, homes e mulleres de idade avanzada... o socialismo é posíbel. Aínda hai esperanza. Grazas a todas e a todos os que díchedes esta lección de dignidade. Agora, seguide con nós na loita. A xornada de onte só foi o principio...
Ningún comentario:
Publicar un comentario