16 de xaneiro de 2026

Continúa a perda salarial (e a banca con beneficios históricos)

Stop! Perda Salarial

O IPC pechou en 2025 no 2,9 % e a suba dos nosos salarios para este ano non chega nin a cubrir a suba do custo da vida (con este nefasto convenio nin recuperamos a brutal perda de poder adquisitivo anterior nin cortamos a mesma). En 2026 a suba do Salario Base de Nivel será do 2,75 % e a de outros conceptos como as antigüidades (xeral e de técnicas/os) do 2 %

As previsións son que neste ano continúen a subir, de xeito significativo, os prezos dos servizos básicos como o a vivenda ou a alimentación (o importe da axuda alimentar para as xornadas partidas, continuará en 11 , sen suba desde 2023).

1 de xaneiro de 2026

Calendario laboral 2026

Consonte ao 46/2025 da Xunta de Galicia, foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG  46 e 210) o para o ano 2026 na Comunidade Autónoma de . As festas laborais e serán as seguintes:


  • 1 de xaneiro: Aninovo.
  • 6 de xaneiro: Reis.
  • 19 de marzo: San Xosé.
  • 2 de abril: Xoves Santo.
  • 3 de abril: Venres Santo.
  • 1 de maio: Día do Traballo.
  • 24 de xuño: San Xoán.
  • 25 de xullo: Día Nacional de Galiza.
  • 15 de agosto: Asunción.
  • 12 de outubro: Festa Nacional de España.
  • 8 de decembro: Inmaculada.
  • 25 de decembro: Nadal.


As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recuperábel.

15 de decembro de 2025

BBVA… O mellor banco para traballar mollarse

No Banco dos 8.000 millóns de beneficios, o seu persoal ten que convivir con teitos que caen, cheiros insalubres, riscos eléctricos, ratos e cascudas e, por riba de todo, cun absoluto desprezo polo seu benestar e a prevención de riscos. E isto non é unha excepción.

Dende a sección sindical da CIG, levamos anos traballando a prol do cumprimento da lei de prevención de riscos laborais, velando pola saúde do cadro de persoal. Ademais de soportar a brutal presión comercial do banco, o persoal ten que soportar situacións dantescas como as descritas.

21 de novembro de 2025

Retroceder en dereitos incrementa a violencia

Os casos de Alfonso Villares (o Concelleiro do Mar da Xunta de Galiza foi imputado por un delito de agresión sexual) ou de Matías González Cañón (candidato do PP na Illa de Arousa condenado por violencia de xénero contra a súa expraella) demostran que, desde o goberno do PP na Xunta de Galiza, defenden e perdoan condutas machistas e violentas, asentando no imaxinario colectivo do pobo dúas perigosas mensaxes: que a violencia de xénero é algo que se pode perdoar, e que as mulleres realizan denuncias falsas que poñen aos homes nunha situación de indefensión, situándose a carón deles e non das vítimas.

A reorganización do organigrama da Xunta en materia de loita contra a violencia machista non foi casual. Suprimiron a Secretaría Xeral de Igualdade, reducíndoa a unha dírección xeral (só de Promoción), desvinculando a Violencia de Xénero da Promoción da Igualdade e poñendo á fronte un home (abordando a violencia desde unha perspectiva técnica e xurídica, non integral), orixinado que en xuño do pasado ano a CIG, xunto con outros 41 colectivos feministas galegos, instaramos a Valedora do Pobo a que interviñese.

É a maior parálise na institucionalización das políticas de Igualdade de xénero desde a supresión do SGI (Servizo Galego de Igualdade) na Xunta de Galiza logo de que o PP volvese ao goberno no ano 2009 tras o bipartito PSOEBNG, e realizada xusto cando a taxa de violencia de xénero en Galiza aumentou case un 10 10 % a respecto do 2024. De media, os xulgados de violencia contra as mulleres reciben 21 denuncias, case unha denuncia cada hora.