16 de xaneiro de 2024

Chegou o momento de valorar a convocatoria de FOLGA no resto de bancos

Sufrimos recortes salariais brutais, os bancos pretenden manter indefinidamente medidas tomadas durante a crise financeira malia que agora ten beneficios históricos, hai mil horarios á marxe do , os obxectivos soben exponencialmente e a presión para conseguilos cada vez é maior.

Aínda por riba, no convenio a AEB mantén unha posición intransixente, cunha proposta salarial que implica outro recorte. E non só iso, pretenden implantar o desterro comercial, poder trasladarnos a 50 km (100 diarios ida e volta) a capricho, por non cumprir obxectivos.


Mobilización da CIG na Coruña

Os traballadores e traballadoras de uníronse para plantar cara a unha situación que ten problemáticas de seu, pero as súas reivindicacións son as mesmas que as nosas. O día 11 de xaneiro ateigaron as rúas da cidade da , cunha pancarta, sen siglas, detrás da que caberíamos todas e todos.

Dende a CIG pensamos que chegou o momento de abrir o debate na Banca sobre a necesidade de convocar no sector e así o trasladamos na Mesa do Convenio ao resto de sindicatos, e o faremos a nivel de cada banco. E traballaremos pola unidade para que a convocatoria sexa posible.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 240116 [.pdf • 271 kB]



Ningún comentario: