11 de agosto de 2010

Beneficios e obxectivos

Ledicia! BBVA obtivo 2.527 millóns de euros de beneficio no primeiro semestre de 2010, uns 14 millóns diarios (contando sábados e domingos).

E Cómo se traduce isto nas oficinas?

• Cada vez redúcense máis os postos de traballo.

• Cada vez hai máis oficinas cun só traballador ou traballadora.

• A carga de traballo non fai senón aumentar.

• Non se facilita a Conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

• A cobertura de baixas e vacacións é claramente insuficiente.

• Segundo BBVA non temos incidencia de riscos psicosociais como o estrés, ansiedade, depresión, ou outras doenzas relacionadas co sistema de traballo.

• Hai compañeiros e compañeiras que, a día de hoxe, non teñen definidos os obxectivos polos que lles van medir a súa actividade, e xa vai medio ano!!!

• Ditos obxectivos non se corrixen cando algunha persoa fai cobertura dun posto distinto ao seu, polo que non pode atender as necesidades dos SEUS propios obxectivos: é dicir, colaborar pola boa marcha da empresa, é tirar pedras contra o propio tellado.

• É para rematar, os beneficios non deben chegar a nada cando sendo mediados de ano, SUBEN OS OBXECTIVOS, e cambian cousas no sistema.

Análise do Plan de Igualdade II

Igualdade de salarios!
Seguimos achegándovos polo miúdo as nosas observacións e consideracións sobre o Plan do BBVA, que no seu Título 3º, versa sobre a Conciliación da Vida persoal, laboral e familiar. A escaseza en avances e melloras deixa patente, de novo, a falla de interese da entidade polo tema, máis alá da imaxe que quere proxectar á sociedade.

10 de xuño de 2010

A CIG convoca manifestacións o 17 de xuño

mobilízate contra a nova reforma laboral!Milleiros de persoas perderon o seu posto de traballo dende o inicio da crise grazas as altas taxas de temporalidade, ERE's e despedimentos individuais e colectivos; agora está en marcha unha reforma laboral para facilitar aínda máis os despedimentos; está anunciada unha reforma das pensións para outubro co fin de alongar a vida laboral; están en marcha recortes nos servizos públicos e aos pensionistas; anunciouse o incremento dos impostos indirectos (mantendo artificialmente baixos os impostos das rendas máis altas); hai un proceso de privatización e precarización dos servizos públicos (hospitais, ensino ou caixas de aforros); continúa a transferencia de renda e recursos públicos ás empresas (multimillonarios rescates bancarios; subvencións públicas ás empresas; pago público de infraestruturas que só interesan ás grandes empresas, etc.).

En definitiva, estamos ante unha crise que os mercados (é dicir, a dereita económica, política e empresarial) queren que paguemos os e as que vivimos do traballo.

9 de xuño de 2010

O custe de librar os sábados

Perigo, Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores están a negociar!
Como comentamos, a adaptación ás directivas comunitarias que regulan o sector financeiro, xa están deixando os sábados baleiros de contido. De feito, a AEB xa comunicou que os sábados pasarán a ser inhábiles a partir do próximo mes de outubro.

Este feito, se ben non implica o peche automático das oficinas nin moito menos, si que resta operatividade e polo tanto rendibilidade ao traballo realizado en sábado.
É salientable que a AEB non fixera ningunha comunicación ao respecto, antes de que os grandes bancos tiveran un acordo asinado para pechar os sábados.

Análise plan de igualdade

Igualdade!
O texto asinado como Plan de Igualdade, está cheo de carencias. Xa que non imos dispoñer do Plan que entendemos que merecen os homes e mulleres de BBVA, imos tentar, nunha serie de comunicados, destacar as súas eivas e, ao mesmo tempo, repasar os vosos dereitos na materia.

“Os plans de igualdade son un conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar unha diagnose de situación, tendentes a acadar na empresa a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, e a eliminar a discriminación por razón de sexo.

Os plans de igualdade fixarán os concretos obxectivos de igualdade a acadar, as estratexias e prácticas a adoptar para a súa consecución, así como o establecemento de sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados”. (art. 46.1 LO 3/2007)

Xa é de lamentar que para elaborar a diagnose, como comentaramos no seu momento, non se contara coa representación sindical nin co cadro de persoal, xa que só BBVA proporcionou os datos que estimou pertinentes á consultora que o elaborou. Unha enquisa a todo o persoal podería ter sinalado moitos aspectos cualitativos da realidade de BBVA respecto á igualdade que se deberían corrixir, pero unha mala diagnose deforma todo o resto do proxecto, dando a falsa impresión de que en BBVA non hai tanto que arranxar.