11 de agosto de 2010

Beneficios e obxectivos

Ledicia! BBVA obtivo 2.527 millóns de euros de beneficio no primeiro semestre de 2010, uns 14 millóns diarios (contando sábados e domingos).

E Cómo se traduce isto nas oficinas?

• Cada vez redúcense máis os postos de traballo.

• Cada vez hai máis oficinas cun só traballador ou traballadora.

• A carga de traballo non fai senón aumentar.

• Non se facilita a Conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

• A cobertura de baixas e vacacións é claramente insuficiente.

• Segundo BBVA non temos incidencia de riscos psicosociais como o estrés, ansiedade, depresión, ou outras doenzas relacionadas co sistema de traballo.

• Hai compañeiros e compañeiras que, a día de hoxe, non teñen definidos os obxectivos polos que lles van medir a súa actividade, e xa vai medio ano!!!

• Ditos obxectivos non se corrixen cando algunha persoa fai cobertura dun posto distinto ao seu, polo que non pode atender as necesidades dos SEUS propios obxectivos: é dicir, colaborar pola boa marcha da empresa, é tirar pedras contra o propio tellado.

• É para rematar, os beneficios non deben chegar a nada cando sendo mediados de ano, SUBEN OS OBXECTIVOS, e cambian cousas no sistema.

O sistema de obxectivos e a súa puntuación, na teoría, establécese cada ano e faise un manual (co cal é imposible desentrañar unha táboa de obxectivos), pero ao longo do ano, é habitual que a empresa faga modificacións nos obxectivos, xeitos de medición, rangos das tranchas, etc.

Deste xeito a confusión e a desinformación, xogan un importante papel á hora de que aos traballadores e traballadoras lles sexa case imposible predicir cales son as súas posibilidades reais de obter unha remuneración complementaria, ou se a mesma compensa o esforzo que a empresa pide a cambio (máis ben non).

Non permitades que vos ocorra isto. Se non comprendedes calquera aspecto dos obxectivos, a súa valoración etc., TEDES DEREITO A QUE VOLO EXPLIQUEN. Debedes acudir aos vosos e vosas responsables e, se aínda así non o tedes claro, facede a consulta a persoal. Se non vos convencen as respostas, recomendámosvos, coma sempre que fagades as consultas por escrito e que o comuniquedes á vosa representación sindical.

Non pertencemos ao BBVA, traballamos para o BBVA e temos que empezar a facer valer os nosos dereitos.

Non vos deixedes abusar, que logo ocorren anécdotas absurdas, como a de que chamen aos directores e directoras a Santiago no seu tempo de lecer, a ocupar os asentos baleiros dun auditorio (se é que os hai) e a aplaudir nun acto patrocinado polo BBVA en presencia do presidente. Todo pola imaxe, nada por nós...



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: