Seguimos achegándovos polo miúdo as nosas observacións e consideracións sobre o Plan do BBVA, que no seu Título 3º, versa sobre a Conciliación da Vida persoal, laboral e familiar. A escaseza en avances e melloras deixa patente, de novo, a falla de interese da entidade polo tema, máis alá da imaxe que quere proxectar á sociedade.
Temos que aclarar, en primeiro lugar, que o obxectivo primeiro dun plan de igualdade é corrixir as desigualdades existentes, polo que tanto este título como o seguinte deberían estar enfocados a tal fin. Por tanto, o fomento da conciliación baséase en que unha mellora das condicións e garantías neste eido, fomentaría a igualdade efectiva entre mulleres e homes; así mesmo, tal e como a Lei contempla, estes dereitos deberían regularse fomentando a corresponsabilidade.
Pola contra, topámonos cun texto que, na súa meirande parte, copia artigos do ET. ou do Convenio, dun xeito desordenado e impreciso. Cremos que nestes puntos se recollen dereitos de moito interese para grande parte do cadro de persoal, polo que consideramos que é importante realizar unha pequena análise de cada un deles que esperamos vos sexa de utilidade nalgunha ocasión.
OITAVO.- Flexibilidade horaria: Limítase a repetir o contido do art. 34.8 do ET. sen concretar termos que podan supoñer unha medida efectiva. O propio ET. insta á negociación colectiva a establecer a forma de articular as medidas en cada empresa para facer efectivo o dereito a poder conciliar; ao igual que o Estatuto, o plan de igualdade non concreta nada, deixándoo todo á posibilidade de que exista un acordo entre a persoa traballadora e a empresa, coas ambigüidades e oportunismos que isto obxectivamente poderá xerar. É máis, ao engadir “sen prexuízo das necesidades do servizo”, establece xa unha limitación clara para a concesión do mesmo, é dicir, primará por riba dos dereitos das persoas as necesidades empresariais; alén disto, ben sabemos que este tipo de imprecisións, na práctica, resultan unha escusa inmellorábel para a denegación de solicitudes.
NOVENO.- Redución de xornada por garda legal: (art. 37.6 e 37.5 do ET.). Amplíase para menores de ata 12 anos, pero coidado, xa que a protección por Lei é ata os 8 anos, e todas as consecuencias legais do goce deste dereito, a efectos de prestación de desemprego ou seguridade social, non se amplían con esta mellora.
O artigo 37.5 do ET., regula que se ten dereito a reducir entre 1/8 e 1/2 a xornada de traballo sen detallar que teña que ser xornada diaria, semanal ou mensual. Polo que, non sería necesario que a redución de xornada teña que ser día a día. En moitos casos, acumular ese tempo para collelo xunto coincidindo, por exemplo con vacacións escolares, pode ser moi práctico.
É unha mellora a posibilidade de optar pola xornada continuada para as persoas con redución de xornada de máis de hora e media, e a mención que fan aos préstamos sociais non era necesaria, xa que non poderían discriminar ás persoas que se acolleran á redución.
DÉCIMO.- Licenzas non retribuídas: Mellora lixeiramente os dereitos que recolle o artigo 27.7 do Convenio, xa que se pode volver pedir ao cabo dun ano, e permite o acompañamento de familiares ata primeiro grao de consanguinidade ou afinidade con enfermidade crónica ou discapacidades graves.
Tamén mellora o dereito de acompañamento a asistencia sanitaria dos fillos ou fillas ata os 12 anos, en lugar dos 8 que marca o Convenio no seu art. 27.6
De todos os xeitos non marca procedemento algún para determinar cando se debe entender que se dan estes supostos nin medidas para garantir o cumprimento das medidas.
UNDÉCIMO.- Excedencias: Copia literal do texto do art. 46.3 ET. ou 32.5 do Convenio con algunha mellora puntual: para coidado de familiar que non se poida valer por si mesmo, a excedencia poderá durar ata 3 anos (en vez de ata 2) e non esixe que o familiar non desempeñe actividade retribuída algunha.
Por outra banda, e só para o caso de excedencia por coidado de fillo ou filla, pasado o primeiro ano no que por Lei se ten dereito a reserva de posto, se terá dereito a posto de traballo do mesmo grupo profesional e dentro do mesmo municipio, o que en ocasións resultará máis que insuficiente.
DUODÉCIMO.- Traslados: O art. 34.8 do ET. fala do dereito dos traballadores e traballadoras a adaptar e distribuír a xornada de traballo para facer efectivo o seu dereito á Conciliación da vida persoal, familiar e laboral, polo que sería lóxico que se estableceran medidas no Plan para que as responsabilidades familiares marcaran unha orde de preferencia clara á hora de trasladar ao persoal.
Nembargante, o texto do plan tan só fai una declaración de intencións, con termos vagos como “terá en conta”, “a fin de procurar”, polo que outra vez non se compromete a nada.
Chega ao absurdo de dicir que poden tardar un mes en dar acuse de recibo a unha petición de traslado formulada por escrito: ¿Canto poden tardar en facela efectiva, entón?
Cremos que de entrar neste eido no Plan, o compromiso debera ser de moito máis calado e con medidas concretas e avaliables.
DÉCIMO TERCEIRO.- Videoconferencia: Segundo o texto, vaise potenciar, pero dado o volume de reunións, cursos, comités, xuntanzas, e horas extras que se fan nas oficinas, non temos claro que, en caso de que se usen máis, sexa para favorecer que o persoal teña máis tempo libre.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario