Remitida en xuño de 2017, foi aprobada polo pleno do Congreso dos Deputados/as.
O Ministerio de Traballo valora impulsar a reforma legal, remitida pola CIG o 13 de xuño do 2017 aos Grupos Políticos e que xa foi aprobada polo Congreso dos Deputados, para que as empresas teñan a obriga de rexistrar a xornada laboral efectiva.
Unha cousa é oportunismo, outra sindicalismo. O traballo sindical serio e rigoroso non sempre dá froitos de xeito inmediato.
A loita da CIG contra a xornada laboral vén de vello e cumpre lembralo cando semella inminente a posta en marcha dunha modificación legal para rematar coa fraude, totalmente estendida no sector financeiro, das horas extras ilegais. Horas non pagadas, nin cotizadas á Seguridade Social, non tributadas e que superan o máximo legal das 80 horas anuais (un tope que pretende impedir a destrución de postos de traballo).
En 2014 a CIG–Banca puxo en marcha unha campaña de denuncias nas Inspeccións de Traballo e mobilizacións, e en 2015 presentamos Conflitos Colectivos reclamando o rexistro da xornada en diferentes bancos (Abanca, BBVA ou no Pastor). A Audiencia Nacional ditara sentenzas favorables e CECA e AEB abriron procesos de negociación.
Finalmente o Tribunal Supremo fallou, nunca mellor dito, a favor das empresas, negando a obriga do rexistro; ao tempo, CECA e AEB pecharon as negociacións. Mais a propia sentenza dicía que «non existía a obriga legal de rexistrar a xornada efectiva», pero que sería necesaria unha «modificación legal».
Ao fío desas sentenzas remitimos, o 13 de xuño de 2017, unha proposta de modificación legal, sendo presentadas iniciativas por varios Grupos no Congreso, que foron aprobadas.
Agora o novo Goberno anunciou que implantará xa a obriga de rexistrar a xornada.
O traballo de anos da CIG contra a fraude na xornada na banca está a piques de dar os seus froitos.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario