20 de decembro de 2017

Salarios no sector financeiro galego

Caída salarial do 35% desde o inicio da crise e as mulleres cobran un 29'4% menos que os homes


Mobilización da CIG-Banca polo mantemento do poder adquisitivo dos salarios
  Mobilización da CIG—Banca polo mantemento do poder adquisitivo dos salarios. 
Informes publicados no mes de decembro evidencian unha brutal caída dos salarios medios do persoal do sector financeiro, froito dos convenios e dos expedientes de despedimento asinados por CC.OO e UGT. Tamén revelan a persistencia da discriminación salarial das mulleres e, polo tanto, a ineficacia dos Plans de .

Segundo o estudo elaborado polo Foro Económico de Galicia, «Informe sobre a conxuntura socioeconómica de Galicia», que analiza a evolución dos salarios a nivel galego desde o inicio da crise, os salarios caeron. Era de esperar, despois da Reforma da negociación colectiva e das Reformas laborais, din desde a CIG. A caída foi especialmente intensa no sector financeiro, chegando ao 34'9%, calculada en base ao custe medio por hora traballada.

Para a CIG, a caída vén dada pola durísima reestruturación do sector (causando baixa o persoal máis antigo con maiores salarios) e polos propios ERE's que moitas veces contemplan recortes salariais. Outra parte desta redución salarial viu dada polos recortes previstos nos convenios colectivos, tanto para o persoal existente nas entidades coma para os novos contratos.

O modelo pactista de CC.OO e UGT leva á baixada salarial.

Situación das Mulleres


Coñeceuse tamén o «Informe de inserción dos titulados/as», da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario, un novo estudo que segue poñendo en evidencia a discriminación salarial das mulleres. O sector financeiro é un dos sectores onde é maior a desigualdade salarial e, segundo este informe, as mulleres cobran un 29'1% menos que os homes. Para a CIG, isto explícase polo teito de cristal e os complementos funcionais e de posto, feitos nos que non afondan os Plans de Igualdade negociados nas empresas.


Fai o amor e Non horas extras!!!



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 171220 [.pdf • 0'98 MB]


Ningún comentario: