O pasado 8 de xuño, BBVA procedeu ao despedimento simultáneo, organizado e premeditado, de 14 persoas en todo o Estado. Nas súas cartas de despido había un nexo común: baixa produtividade ou diminución voluntaria da mesma.
A resposta sindical foi unánime e non se fixo esperar, porque entendiamos que estabamos ante unha agresión ao conxunto do cadro de persoal, coa intención evidente de intimidar a todo o colectivo.
A Dirección enrocouse na súa postura, aducindo razóns para os despedimentos, manifestando que se houbese reclamacións xudiciais no futuro, defendería con argumentos a súa posición de «PROCEDENCIA» nos 14 casos.
De xeito unitario, os 9 Sindicatos presentes no BBVA, mobilizámonos o 27 de xuño nas cabeceiras de cada Territorial baixo o lema: @S 14 DE BBVA: ¡¡¡DESPEDID@S READMISIÓN!!!
Boa parte das demandas xudiciais pediron a Nulidade e subsidiariamente a Improcedencia, ao considerarse «un ataque aos dereitos fundamentais».
Nos demais casos reclamamos DESPEDIMENTO IMPROCEDENTE.
Fixadas as primeiras datas de xuízo para outubro, o Banco cambiou a súa posición e ante os primeiros seis casos, expuxo ás persoas afectadas acordar a improcedencia dos seus despedimentos e ofrecer o correspondente pago da indemnización legalmente establecida.
Os sindicatos asesoramos convenientemente a cada persoa afiliada, defendendo a razón de cada demanda, pero sempre nos debemos á vontade persoal dos compañeiros e compañeiras. Até o momento e, entendemos que froito da tensión padecida dende a agresión, eses seis primeiros demandantes aceptaron a indemnización.
A Representación Legal d@s Traballador@s continuamos traballando na defensa dos intereses d@s oito compañeiros e compañeiras restantes, xa que están fixadas datas de xuízo para los próximos meses. Cremos que o BBVA intentará o acordo no resto de casos. Non obstante, mantemos as nosas accións de mobilización nos xuízos que se vaian celebrar.
Manterémosvos informad@s do desenvolvemento dos demais casos.
ACB · CC.OO · CGT · CIG · ELA · Intersindical-CSC · LAB ·

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario