O 5 de xuño é a data na que remata a recollida de datos para o novo proceso de valoración de competencias, agora coñecido como «SKILLS 2015», no que se verá inmerso todo o persoal cun mínimo de 6 meses de antigüidade. Ten como destino concretar a primeira fase do modelo de desenvolvemento profesional.
O modelo, segundo a empresa, ten 3 pasos: o coñecemento como primeira fase do autodesenvolvemento;
Plan de mellora, unha vez coñecidas as habilidades e os estilos de liderado a incidir, coa axuda dos recursos de formación de Campus BBVA;
Apúntate+ como ferramenta de cara ao desenvolvemento profesional.
E salientable que, nesta ocasión, a autovaloración e a valoración dos pares, só vai ser tida en conta como referencia para o caso das habilidades e para os estilos de liderado, os resultados só amosan as valoracións dos/das colaboradores/as. Traducido: só se terá en conta a valoración dos/das nosos/as responsables.
E… que pasa se quen nos avalía non ten coñecemento suficiente para facelo de forma obxectiva?
Lembremos que coa política de mudanza permanente que estamos a vivir, é moi doado que acabemos de aterrar na oficina, tanto no caso de colaboradores/as coma no das xefaturas…
Que solución ofrece a empresa?
Se es que avalía, fala coa anterior persoa responsable para recompilar información, ou solicita a RR.HH que sexa esta última persoa a que faga a avaliación. Entendemos que isto é o desexable na maioría dos casos. Pero se es ti que non coñeces ben ao teu/túa responsable ou ao par, o máis adecuado é non facer a valoración. Xa empezamos a percibir as dúas varas de medir.
Lembrade que o proceso permite gardar unha copia dixital dos cuestionarios de habilidades e , para isto, hai que darlle a opción «Imprimir» dentro de cada cuestionario. É importante facelo de cara á posterior «entrevista de desenvolvemento». En setembro teremos a entrega dos informes.
Para Non Caer Atrapados na Tea de Araña
A realización da AUTOVALORACIÓN é voluntaria.
Vós mesmos/as teredes que dedicir se credes que ese cuestionario pode reflectir nun gráfico os vosos coñecementos e aptitudes. Se credes que non, non o fagades.
Non deixedes que o/a voso/a responsables tome á lixeira a confección da vosa valoración, xa que pode ter influencia na vosa traxectoria posterior ou na avaliación.
Esixide que o/a voso/a responsable manteña con vós unha entrevista na que explique como vos puntúa, e en base a que criterios. É o voso dereito e a súa obriga.
Se estades en desacordo facédeo saber.
Lembrade que os resultados das valoracións serán POR ESCRITO e pasarán a formar parte do voso expediente persoal: se non estades conformes ou queredes matizar algún punto SEMPRE É MELLOR POR ESCRITO, xa que quedará constancia.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario