Baixo o pretexto da situación de crise económica mundial, as distintas administracións e gobernos están a decretar recortes no desenvolvemento do estado de benestar, en áreas que deberían estar garantidas: pensións de xubilación dignas, un ensino e sanidade públicas de calidade, medidas de fomento do emprego feminino, axudas destinadas á dependencia e políticas de estímulo á natalidade.
Desde a chegada do PP á Xunta de Galicia, suprimiron organismos como o Servizo Galego de Igualdade e os cartos destinados ás políticas de igualdade tamén se foron reducindo, de tal xeito que podemos afirmar que na práctica estas están desaparecendo.
Por iso, neste 8 de marzo, con máis intensidade ca nunca, as mulleres que formamos parte da Confederación Intersindical Galega facemos un chamamento a toda a cidadanía, simpatizantes, seareiros e a nosa afiliación para que se mobilice connosco e se manifeste diante dos edificios da Xunta de Galicia para denunciar a política deste goberno que supón un grave recorte contra os nosos dereitos.
Concentracións nas distintas comarcas:
Datas
* horarios (CET)
Datas
- Comarca de Lugo, o xoves 3 de marzo ás 12:30 h. diante do Edificio da Xunta, Ronda da Muralla.
- Comarca de Compostela, o venres 4 marzo ás 11:30 h. diante da Xunta de Galiza, en San Caetano.
- Comarca A Coruña, o luns 7 de marzo ás 11:30 h. diante do Edificio da Xunta, na praza Luís Seoane, en Monelos.
- Comarca de Ferrol, o martes 8 de marzo ás 12:30 h. diante do Edificio da Xunta na Praza de España.
* horarios (CET)
Participa coa CIG nos actos convocados para conmemorar o 8 de marzo na túa comarca!
Que non nos calen! Fagámonos ver!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario