Con esta reforma amplían a posibilidade dos despedimentos por faltas xustificadas pero intermitentes, que acaden o 20% das xornadas hábiles en dous meses consecutivos, ou o 25% en catro meses descontinuos dentro dun período de doce meses, incluídas baixas por enfermidade, permisos por morte dun familiar ou por coller días de mudanza. Tratan en definitiva que traballemos enfermos ata a extenuación e que renunciemos aos dereitos adquiridos.
Hai que insistir que na práctica esta Reforma transforma ao persoal indefinido en temporal; como exemplo, a indemnización de despedimento que pagarán as empresas en despedimentos obxectivos será de 12 días (os outros 8 os pagará o FOGASA), nos contratos temporais a indemnización será de 12 días (no 2015). Se costa o mesmo despedir a un fixo que a un temporal, Hai traballos fixos?, evidentemente non.
Pero coa Reforma, Perder o posto de traballo é o peor que nos pode pasar? A reforma laboral tamén establece medidas para conseguir máis “flexibilidade” para as empresas, é dicir, maior precariedade laboral.
Igual que nos despedimentos amplían as vías polas que as empresas poderán modificar condicións substanciais por causas técnicas, económicas ou organizativas, poderán impoñer mobilidade xeográfica; deixar de pagar os salarios pactados nos convenios; ou poderán reducirnos a xornada laboral (as horas de traballo que figuran nos contratos) co correspondente recorte nos salarios.
Falan que a reforma laboral pon coto á temporalidade; totalmente falso: os contratos temporais realizados con anterioridade a aprobación da reforma non se verán afectados. Ademais amplían o campo de actuación das Empresas de Traballo Temporal (ETT) creando a figura de axentes privados de colocación.
Por outra parte e máis alá da subvención do despedimento con cargo ao FOGASA, a reforma insiste na liña de bonificar a contratación por parte das empresas.
Moitos traballadores e traballadoras non son conscientes do alcance da contrarreforma. Estamos ante a implantación definitiva dun novo modelo baseado na precariedade máis absoluta no que as empresas poderán prescindir unilateralmente dos dereitos laborais, despedirnos, deixar de aplicar os convenios, decidir trasladarnos ou recortarnos a xornada e o salario.

Por todo isto, o 29 DE SETEMBRO,
FOLGA XERAL !!!
FOLGA XERAL !!!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
1 comentario:
Vaga General!
GreOrokorrera!
Folga Xeral!
¡Huelga General!
General Strike!
Publicar un comentario