Amosando publicacións coa etiqueta FOGASA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FOGASA. Amosar todas as publicacións

21 de setembro de 2010

FOLGA XERAL. Paremos o 29 de setembro (II)

Con esta reforma amplían a posibilidade dos despedimentos por faltas xustificadas pero intermitentes, que acaden o 20% das xornadas hábiles en dous meses consecutivos, ou o 25% en catro meses descontinuos dentro dun período de doce meses, incluídas baixas por enfermidade, permisos por morte dun familiar ou por coller días de mudanza. Tratan en definitiva que traballemos enfermos ata a extenuación e que renunciemos aos dereitos adquiridos.

Hai que insistir que na práctica esta Reforma transforma ao persoal indefinido en temporal; como exemplo, a indemnización de despedimento que pagarán as empresas en despedimentos obxectivos será de 12 días (os outros 8 os pagará o FOGASA), nos contratos temporais a indemnización será de 12 días (no 2015). Se costa o mesmo despedir a un fixo que a un temporal, Hai traballos fixos?, evidentemente non.

13 de setembro de 2010

Paremos bancos e caixas o 29 de setembro (I)

Coa lexislación laboral que derrogou a reforma laboral, o Estado español foi líder na creación de emprego, pero o problema foi que aquel emprego era temporal, precario e doado de destruír en tempos de crise. A reforma laboral avanza en converter os contratos fixos en temporais, facilitando e abaratando o despedimento. Esta reforma non era a precisa e non creará emprego. A crise é unha escusa para impoñer un novo modelo económico, social e laboral. Por iso a CIG convocou FOLGA XERAL o 29 de setembro.

Moitos traballadores e traballadoras do sector financeiro pensaban que viviamos nunha burbulla que nos protexía; nunca foi certo, pero as novas reformas aféctannos de cheo.