A nosa compañeira, Teresa Richard, interveu en nome da nosa Sección Sindical na Xunta Xeral de Accionistas do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria de BBVA que se celebrou o día 11 de marzo en Bilbao, coma xa fixera en anos pasados. Deste xeito trasladamos as vosas reivindicacións e preocupacións directamente ao Consello de Administración do Banco.
Salientamos como a política do actual Consello de Administración segue a reducir gastos a costa de empeorar as condicións de traballo, e perdendo clientela na nosa cota de mercado, aínda que aproba políticas de endebedamento para expandirse sen medida. Iso si, sempre haberá unha dotación de reservas para incentivar ao grupo directivo.
O Presidente, nun discurso cheo de abstraccións e baleiro, anunciou unha gran inversión en plataformas informáticas, encamiñadas a maximizar a automatización, e defendeu a súa xestión culpando do pésimo valor da acción e dos máis que discutibles resultados no Estado e en Portugal, á perda de confianza no sistema financeiro do Estado español. Haberá que ver se ditos argumentos tamén teñen peso nas nosas avaliacións e no novo modelo de incentivación, pero non o esperamos.