3 de marzo de 2011

Participa conosco no Día da Muller Traballadora

Che convidamos a participar nas concentracións que co motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, van ter lugar nas distintas comarcas diante dos edificios da Xunta de Galicia.

17 de febreiro de 2011

A importancia da delegación de voto - Xunta Xeral Accionistas 2011

Como xa saberedes o día 11 de marzo está prevista a celebración da Xunta Xeral de Accionistas do BBVA, e un ano máis queremos ser a vosa voz alí.

Cremos que é unha cuestión de responsabilidade, xa que de novo, o contido da meirande parte dos puntos da orde do día parécenos moi preocupantes:

  • Dous son para aprobar incentivos para os directivos, particularmente para os dous conselleiros executivos.
  • Dous para autorizar ao Consello de Administración a facer máis ampliacións de capital.
  • Outro delega no Consello de Administración a facultade de emitir débeda, e non é de estrañar, dados todos os vencementos que haberá que atender durante o 2011.

16 de febreiro de 2011

Vacacións 2011

Como dixemos o ano pasado, parte do persoal pode perder de entre 1 a 3 días de vacacións grazas ao acordo de libranza de sábados [.pdf • 170 Kb]. A norma xa o reflicte.
O banco actualizou a norma 93.70.003   o 15 de xullo de 2010. Pasamos a comentar a norma aínda vixente:

Prestación única por ter fillo/a ou menor

A , ven de publicar no DOG do 15 de febreiro de 2011 [.pdf • 102 Kb], unha axuda de pagamento único de 360 € por cada fillo ou filla menor de tres anos que a persoa solicitante teña ao seu cargo.

10 de febreiro de 2011

UGT e CC.OO venderon as nosas pensións

Toxo e Méndez de Comisións Obreiras e Unión Xeral dos Traballodores

Estes dirixentes teñen poder para facer isto porque os traballadores e traballadoras llo outorgamos. Sendo representantes sindicais e afiliados destes sindicatos estades avalando a súa política e perdendo os vosos dereitos. Non colaboredes con eles.