16 de febreiro de 2011

Prestación única por ter fillo/a ou menor

A , ven de publicar no DOG do 15 de febreiro de 2011 [.pdf • 102 Kb], unha axuda de pagamento único de 360  por cada fillo ou filla menor de tres anos que a persoa solicitante teña ao seu cargo.


Os requisitos son:
  • Persoas que teñan ao seu cargo fillas e fillos menores de 3 anos a data de 1 de xaneiro de 2011 (nacidos/as entre o 2-1-2008 e o 1-1-2011, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2009, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, 1nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
  • No caso de descendentes adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2009 e o 31 de decembro de 2010, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
  • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos/as menores.
  • Persoas estranxeiras que residan en Galiza, sempre que cumpran as condicións da Lei sobre dereitos e liberdades das e dos estranxeiros e a súa integración social e os requisitos establecidos na presente norma, e tiveran a condición de contribuíntes.
Quedan excluídas:
  • 1 As persoas que no 2010, presentaran de xeito voluntario a declaración do IRPF, aínda sen estar obrigadas.
  • Pais e nais privadas da patria potestade, ou se a tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.
Contía da axuda:
Prestación de pagamento único de 360  por cada fillo ou filla menor de tres anos que a persoa solicitante teña ao seu cargo.
Documentación:
Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar. Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso. Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial. Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que conste o número de conta onde ingresar a axuda e conste como titular a persoa solicitante. No caso de non dispor de cartilla poderase presentar unha certificación bancaria. Declaración conxunta de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo fin. Novas solicitudes: Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do rexistro civil de cada crianza.


Este ano con respecto ao ano anterior, para tratar de deixar a xente fora, quedan excluídas as persoas que no 2010, presentaran de xeito voluntario a declaración do IRPF, aínda sen estar obrigadas!!!.
É dicir que se non estabas obrigada(o) a facer a declaración da renda, pero aínda así a fixeches, non tes dereito este ano a esta prestación!.

Tiñan que buscar a maneira de deixar xente que cumpría os requisitos fora, xa que a contía da partida orzamentaria destinada a esta axuda reduciuse nada menos que un 55,64 %, pasou de ser de 4.852.800  no 2010 a 2.700.000  no 2011.

Tedes de prazo ata o 28 de marzo e a solicitude [ .pdf - 370 Kb] pode ser por escrito ou por vía telemática.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: