Como xa saberedes o día 11 de marzo está prevista a celebración da Xunta Xeral de Accionistas do BBVA, e un ano máis queremos ser a vosa voz alí.
Cremos que é unha cuestión de responsabilidade, xa que de novo, o contido da meirande parte dos puntos da orde do día parécenos moi preocupantes:
Cremos que é unha cuestión de responsabilidade, xa que de novo, o contido da meirande parte dos puntos da orde do día parécenos moi preocupantes:
- Dous son para aprobar incentivos para os directivos, particularmente para os dous conselleiros executivos.
- Dous para autorizar ao Consello de Administración a facer máis ampliacións de capital.
- Outro delega no Consello de Administración a facultade de emitir débeda, e non é de estrañar, dados todos os vencementos que haberá que atender durante o 2011.
