
Pouco máis dun mes hai da sinatura do acordo de BB.SS, nuns termos que os sindicatos maioritarios xa aceptaran nun preacordo no pasado mes de agosto. Hai tempo xa que avisamos de que o único beneficiado é BBVA, que reduce gastos a costa do seu persoal, mais é agora, ao ser realmente operativo, cando parece que sentimos o burato na carteira.
O único trato igualitario acadado é que todos e cada un dos colectivos de procedencia senten que son o máis prexudicado.
Para empezar, manteñen moitos acordos residuais, ben «ad personam», ben procedentes dalgún acordo de fusión: son aqueles que non foron quen de tocar e que non intentaron renegociar posto que NUNCA FIXERON UNHA OFERTA QUE XUSTIFICARA RENUNCIAR A NINGÚN DEREITO.