Non estamos para festas, nin frivolidades. Para nós o 8 de marzo é unha data para a lembranza dunha loita aínda vixente e pendente de acadar. As mulleres da CIG seguimos na procura do recoñecemento dos nosos dereitos máis fundamentais; na confrontación contra unha crise económica, coa que se pretende a consolidación do sistema capitalista patriarcal, que xera fame, miseria, desemprego e desarraigo, que nos nega o noso dereito a decidir como mulleres.
Amosando publicacións coa etiqueta activismo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta activismo b>. Amosar todas as publicacións
6 de marzo de 2014
8 de marzo de 2013
As mulleres estamos fartas
As mulleres levamos máis dun século conmemorando o día 8 de marzo en todo o mundo. Máis de cen anos reivindicando o noso espazo na sociedade, os nosos dereitos. Somos as netas das avoas que, coa súa loita e sacrificio, foron quen de acadar a igualdade formal.Mais en pleno ano 2013, as mulleres de hoxe saímos á rúa para denunciarmos a mesma opresión. Porque o sistema capitalista segue abrindo fendas entre as clases sociais, e segue artellando unha división sexual da sociedade e do traballo que nos prexudica tanto como antes.
As mulleres seguimos estando oprimidas como no ano 1911, que é cando se conmemorou por vez primeira o 8 de marzo como Día internacional da muller traballadora. E continuamos fartas dun sistema que xera fame, miseria, desemprego, presión e desarraigo.
12 de xullo de 2011
O mundo pode cambiar, pero non vai cambiar só
Hai medio século o avogado británico Peter Benenson publicou o artigo «Os presos esquecidos». As súas palabras acenderon a conciencia de persoas anónimas que se uniron para loitar contra as violacións de dereitos humanos cometidas a miles de quilómetros, foi a xénese dunha organización na procura e defensa dos dereitos humanos en todo o mundo, chamada Amnistía Internacional.
24 de xaneiro de 2008
BBVA sen armas
Tedes unha nova ligazón a vosa disposición, a da campaña «BBVA sin Armas» que puxeron en marcha unha serie de ONG's e que a nosa sección sindical apoia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
