Na reunión do 22 de marzo, contestamos á proposta patronal pola que o persoal deberá introducir o «número de horas das que estivo na oficina que dedicou a traballar». Un concepto insultante.
En primeiro lugar, as sentenzas din que o rexistro é unha obriga empresarial, que pretenden trasladar ao persoal co fin de non cumprir a lexislación.
O artigo 34.5 Estatuto dos Traballadores di: O tempo de traballo computarase de xeito que, tanto ao comezo como ao final da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo. Define claramente o que é tempo de traballo. Non é, polo tanto, o tempo que «rexistre» o traballador ou a traballadora.
A fixación duns obxectivos comerciais individuais crecentes implica que o tempo para cumprir sexa tamén crecente e superior ao horario diario pactado. Para nós ese é un tempo de traballo realizado seguindo instrucións da empresa (os obxectivos). Unha extensión da xornada que a banca non rexistra nin paga e que ninguén reclama por medo.
Por iso, desde o punto de vista sindical, é inaceptable que se pretenda implantar un «dobre rexistro»; por unha parte, un «tempo subxectivo» que introducirá o persoal e, pola outra, o tempo obxectivo que midan os sistemas de rexistro feitos conforme a lei. En caso de que o primeiro sexa inferior ao segundo, cal sería o válido?, aquel que beneficie á empresa? É curioso que na súa proposta só arbitren un sistema para aqueles casos nos que o persoal introduza unha xornada maior que a pactada, pero non cando sexa menor.
Se non queren pagar as horas extras, que reduzan os obxectivos para poder realizalos dentro da xornada.
Por último, reafirmámonos en que a desconexión non pode ser ás 20 h, nin ás 19 h. Debería ser ao finalizar o horario pactado para as oficinas e departamentos.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario