Presentadas iniciativas na Cámara Galega
En decembro, a CIG—Banca arrancaba unha campaña, ese mesmo mes mantivéronse as primeiras reunións no Parlamento Galego, que fructificaron na presentación de varias iniciativas. En xaneiro mantivéronse encontros de carácter europeo. Ademais o sindicato vasco LAB, xa se dirixiu a CIG interesándose pola campaña.
Reunión coa europarlamentaria do BNG Ana Miranda.
Reunión coa europarlamentaria de AGE Lidia Senra.
Ademais das actuacións a nivel galego, e dado que as normativas bancarias son europeas (coma os regulamentos sobre retribucións variables ou sobre as necesidades formativas de quen asesora), xa se mantiveron reunións a nivel europeo.
O 20 de xaneiro houbo unha reunión coa europarlamentar do BNG Ana Miranda que, entre outras cuestións, xa tramitou unha petición de reunión da CIG coa ESMA (autoridade bancaria europea) e co europarlamentar do Grupo Ale, que foi ponente na tramitación da MiFID II.
O 27 de xaneiro a reunión foi coa europarlamentar de AGE Lidia Senra, que se comprometeu a tramitar distintas iniciativas ante a Eurocámara, así como a facilitar que representantes da CIG podamos manter diversas reunións no Europarlamento.
Por outra parte, xa están solicitadas entrevistas con Grupos do Congreso, estando á espera da confirmación da primeiras reunións.
Tamén dende o sindicato vasco LAB, interesáronse pola campaña da CIG—Banca, polo que poderían levarse adiante iniciativas conxuntas. Pola súa banda, CC.OO, fixo público un comunicado, que pode dar lugar a maior confusión; a EFPA (asociación da que son socios os bancos) non pode fixar os requisitos formativos, din dende a CIG. Isto corresponde as autoridades españolas, nomeadamente a través da CNMV, por iso lle pedimos que conte cos sindicatos.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario