22 de decembro de 2016

O BBVA consigue o visto bo dalgúns para incumprir a Lei e seguir coa fraude nas horas extras

A Lei obriga ás empresas a rexistrar a xornada e as horas extras. Por iso, hai un ano, a CIG iniciou un conflito colectivo contra o BBVA.

En decembro de 2015, a CIG presentou unha papeleta de conciliación para a presentación dun Conflito colectivo contra o BBVA demandando un sistema de rexistro da xornada real e das horas extras. O 29/12/15, no acto de conciliación, o banco négase a calquera tipo de acordo.

Fai o amor e Non horas extras!!!

Presentada demanda na Audiencia Nacional, sinálase xuízo para o 20/04/2016. Ese día, previo á celebración do acto de xuízo, acordamos iniciar negociación para establecer un sistema de control horario no banco establecendo como data límite o 30/09/2016 (o banco alegaba problemas loxísticos).

Durante este tempo, o BBVA pediu prórroga até este 31 de decembro, que inicialmente nós aceptamos de boa fe.

O 13 de decembro tivemos nova reunión na que o banco, que nin sequera respondeu á última proposta da CIG, pediu aos sindicatos o seu apoio para prorrogar novamente a negociación até abril.

Seguir adiando a implantación do control horario, simplemente serve para que o banco incumpra o artigo 35.5 do (tal e como estableceron as Inspeccións de Traballo por denuncias da CIG) e impide que o persoal poida probar as horas extraordinarias.

A CIG amosouse disposta a unha prórroga, sempre e cando se implantase un sistema de rexistro provisional a través do log in e log out no arranque dos terminais coas claves de usuario/a. Negociación si, fraude non.

A empresa rexeitou o rexistro provisional, xa que contou coa submisión de outros sindicatos para seguir incumprindo a lexislación e non pagar as horas extras, facendo ver que se está negociando. Grazas a CC.OO, UGT e ACB o banco non terá que implantar por agora ningún sistema de rexistro.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 161221 [.pdf • 367 kB]


Ningún comentario: