30 de novembro de 2016

NON aos despedimentos camuflados no BBVA 
NON a unha relación laboral abusiva e sen dereitos!!! 

A Dirección do BBVA seguiu o mes de novembro con novos axustes do cadro de persoal; agora en SS.CC de Madrid, coa baixa fulminante de 25 traballadores da área de Corporate and Investment Bank (CIB), e o fixo de maneira totalmente irregular.

Por unha banda, non se informou á representación sindical desta reestruturación, o que é obrigatorio segundo a normativa actual (Estatuto dos Traballadores).

Por outra, polo que nos chegou, moitos destes traballadores atopáronse acurralados, cunha proposta sobre a mesa (de despedimento disciplinario, baixa voluntaria ou prexubilación «á baixa»), a decidir de maneira inmediata e sen opción de presentar alegación algunha ou buscar asesoría legal e sindical (segundo a información da que dispoñemos, só unha chamada rápida á familia).

Lembramos a todos e todas as traballadoras que os despedimentos disciplinarios teñen un procedemento legal establecido (fai falla a apertura de expediente, poder darlle resposta, notificación ao sindicato se o/a traballadora está afiliada, …) e que sempre deberan responder a un incumprimento das obrigas do/a traballador/a. Non é de recibo que unha empresa con beneficios como BBVA despida sen máis, alegando un suposto «Plan de Eficiencia» que afecta a un departamento, sen dar alternativas de recolocación.

Ademais, ante outro tipo de propostas como prexubilacións, o traballador ou traballadora sempre ten que ter dereito a un tempo para estudala e asesorarse correctamente, e tamén a rexeitala se non lle interesase.

Ante situacións así, a negativa por principio é a resposta inmediata máis procedente, e a continuación manifestar o teu dereito a recibir asesoría sindical.

Os sindicatos asinantes deste documento rexeitamos de maneira contundente estas prácticas e así o fixemos saber á empresa, á que diriximos un documento pedindo explicacións.

Rexeitamos tamén a nova política de relación laboral que parece que quere implantar a dirección do BBVA, unha política ao «yankee» con despedimentos express, sen dereitos ante unha empresa que exerce un poder unilateral abusivo. Unha volta ao século XIX, por non dicir á Idade Media.

Cremos que a resposta máis eficaz ante estas políticas neo‐feudais está na organización e a defensa colectiva dos nosos dereitos como traballadores e traballadoras.


CIC · CIG · ELA · Intersindical-CSC · LAB · SEC



Unámanos contra a explotación e o abuso!



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 161130 [.pdf • 248 kB]


Ningún comentario: