Xa está presentada na Audiencia Nacional a demanda da CIG contra o BBVA, co obxectivo de establecer un sistema de rexistro da xornada efectiva e, polo tanto, das horas extraordinarias.
O conflito colectivo presentado xa foi admitido, estando á espera de que se fixe data para o xuízo.
A semana pasada, a mesma Audiencia Nacional ditou unha sentenza, por un conflito idéntico, favorable a unha demanda da CIG contra Abanca, e recoñece que tiñamos razón en todos e cada un dos puntos demandados:
- As empresas teñen que rexistrar a xornada efectiva.
- Teñen que comunicarlle ao persoal as horas traballadas, incluídas as extras.
- Teñen que comunicarlle aos sindicatos as horas extras realizadas.
Esta nova sentenza da Audiencia Nacional favorable aos traballadores e traballadoras, fai que teñamos o convencemento de que o final da extensión ilegal da xornada se achega.
Despois de anos de recortes, retrocesos e despedimentos, haberá avances grazas á CIG.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario