1 de setembro de 2015

O final do verán está por chegar

Pasado o mes de agosto, dende a sección sindical da CIG facemos valoración da caótica situación vivida polo cadro de persoal ao longo destes meses de verán. Como xa nos ten afeitos/as esta empresa, a cobertura dos postos de caixa é mínima ou inexistente. E xa non falamos do resto de funcións que, polo que se ve, non fai falla cubrir, coa conseguinte carga de traballo adicional que deben aturar os e as mártires que permanecen traballando nas oficinas e departamentos nestes meses nos que se acumulan a maioría das vacacións do persoal.

Non é comprensíbel nin sostíbel, vistos os resultados empresariais publicados e cunha rede en situación de mingua constante, que se insista en obviar as necesidades reais que require o traballo diario. Obrígase a que sexa o sacrificio do persoal a solución á ausencia de rigor na cobertura de baixas, vacacións, etc… Ou non hai presuposto ou non está previsto… Pois é ben doado de solucionar, pero falta a vontade de facelo.

Tomando datos de 2010, arrepía ver que no BBVA en Galiza houbo unha diminución dun 12,63% en termos de cadro de persoal e, se miramos un pouco máis atrás até o 2007, por exemplo, xa falamos de que os postos de traballo son un 20,11% menos que nesas datas.

Está claro que o esforzo nestes anos foi aumentando enormemente ano tras ano. Lamentablemente, o salario da gran maioría (unha minoría de directivos viviu totalmente allea e aproveitándose desta situación) non medrou en consecuencia, máis ben ao contrario, nin tampouco melloraron substancialmente as condicións laborais de xeito que se puidesen facer máis aturables estas circunstancias en termos de conciliación e ambiente laboral.

O resumo é claro: pídesenos todo, a cambio de cada vez menos.

Agora, chegado setembro, volvemos ver de novo esas incómodas «invitacións» fóra do noso horario de traballo… non aceptes.

Alongar xornada nin é rendíbel nin saudábel, simplemente non compensa.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 150901 [.pdf • 148 kB]


Ningún comentario: