7 de xullo de 2014

O que de verdade importa

Na mellor empresa para traballar, no mellor banco universal do mundo... falamos cos compañeiros e compañeiras de BBVA, os e as artífices de que o barco vaia cara diante, e os problemas son hoxe os mesmos que anos atrás.

A reestruturación no BBVA. A nova vaga de peches de oficinas en Galiza e a reforma da banca de empresas son as últimas, que non as derradeiras, novas, nun proceso que non remata nunca. Que non nos enganen, en Madrid e Barcelona xa están facendo macro-oficinas que levan detrás o peche dunha morea de axencias, e falamos de pechar ata once delas e facer unha soa. E xa sabemos o que vai detrás de todos estes proxectos pilotos: a réplica no resto do territorio. Como vai ser o encaixe na nosa singular realidade? Cal vai ser a presenza do banco nas pequenas localidades? Cando se esgote o número establecido de prexubilacións, os excedentes (en verbas de RRHH), onde quedamos? Na rede de axentes? O banco fala con feitos, con realidades que están aí, inda que volvamos a mirada cara outro lado, coma se non nos fora tocar a ningún, a ningunha de nós. Vailles chegar co ERE de Unnim?… Incerteza; medo polo posto de traballo. Esas son as consecuencias na mente de todos e todas, e diso ben que se aproveitan cando dende RR.HH, a ferramenta necesaria para argallar o quebracabezas, fan a rolda de movementos necesaria para que todo lles encaixe. E se a alguén se lle ocorre amosar un mínimo de desconformidade… só é necesario lembrar a extensión da cola do paro (o que na miña terra vense chamando EXTORSIÓN), ou solucionalo cunha comisión de servizos.

Non son formas  non teñen dereito

A presión comercial. Mal imos cando o posto de traballo máis desexado é o de caixa… os que queden, claro. Tanto cambio na obxectivación, na medición da produtividade, o único a que leva é á imposibilidade dun mínimo control do propio traballo de cara a consecución duns obxectivos que, como agora, nunca foron tan difíciles de acadar. No canto de ser un estímulo de mellora, remata por ser o contrario, e o resultado é o desánimo para os/as máis e un acicate para os/as que pican, e vemos como acadan resultados positivos a base de enchufar seguros despois de restrelar o listado de descubertos. Un sistema perverso, mesquiño, alienante, coa única idea de que cobren os/as menos posibles a finais do ano. Esa é a realidade de base que todos e todas xa sabemos.

Non son formas  non teñen dereito

A conciliación. Non queremos máis invitacións a audios ou reunións a destempo. Que as palabras non nos confundan. É unha imposición para alongar a xornada que nin se paga nin se gratifica. Temos horarios e hai que cumprilos. Hai vida mais aló da oficina e, se nos esquecemos dela moi a miúdo, corremos o risco de que esa parcela da vida se esqueza de nós. Parafraseando a unha grande «coma sempre, o urxente non deixa tempo para o importante». Abonda xa da cultura dun presencialismo pelota, ineficaz e trasnoitado. Os froitos desa árbore son cando menos amargos, compañeiros e compañeiras.
Coma sempre, nesta sección sindical esperamos os vosos comentarios e achegas. As vosas inquietudes son as nosas. Contacta con nós a través dos nosos delegados e delegadas provinciais ou a través do correo ou ben, se seguido nos comentarios deste blogue





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 140617 [.pdf • 32 kB]


1 comentario:

Anónimo dixo...

Xornada laboral na Semana Grande: ensinar a quen non sabe…


Parece ser que algún director e/ou directora descoñecen o que establece o Convenio Colectivo en vigor, a respecto da xornada laboral durante a semana de celebración das festas maiores da localidade, onde se atope un determinado centro de traballo.

O Convenio di, textualmente, no seu artigo 25.6: “…nos días laborais que en cada caso integren a semana natural en que cada localidade celebre a súa Festa Maior anual, a xornada do persoal será de catro horas de traballo efectivo…”

Algúns directores/as, no seu afán de “cumplir co programa previsto no PPAC”, fan unha recomendación aos traballadores e traballadoras das súas oficinas para que incumpran esa xornada por mor do ben común e do seu propio, apelando a un equivocado sentido da responsabilidade.

Desde a CIG queremos recordar a todas as compañeiras e compañeiros que a súa responsabilidade é cumplir coa xornada laboral, entendendo como un comportamento CICATEIRO as recomendacións deses “compañeiros/as” que coartan a súa liberdade e o exercizo dos seus dereitos.

Animamos a denunciar estes comportamentos ante calquera delegado ou delegada da CIG, para poder identificar a todas aquelas persoas que actúan en contra dos nosos dereitos e deste xeito rematar con estes abusos.