13 de febreiro de 2012

Xunta Xeral Accionistas 2012 
Delegade os votos e facédevos oír

Este 2012, a de BBVA terá lugar o día 16 de marzo, e un ano máis queremos estar alí e ser a vosa voz.

Poderíase pensar que dada a situación económica, os problemas coas preferentes, etc., o banco podería tomar en consideración outra liña de política, pero a orde do día [.pdf • 88 Kb] parece case que calcada da do ano pasado xa que:


  • Volven pedir a aprobación de incentivos para os directivos, particularmente para os dous conselleiros executivos.
  • Volven autorizar ao Consello de Administración a facer máis ampliacións de capital.
  • Volven delegar no Consello de Administración a facultade de emitir débeda, o que, visto o resultado das últimas preferentes, non entendemos moi ben.

Entrementres, o aforro de custes, coma sempre comeza por abaixo...; polo de agora, crecen os obxectivos de mes en mes para rematar cunhas avaliacións polas que, en moitos casos, máis parece que vimos pasar o rato á oficina que a traballar.

Os traballadores e traballadoras do BBVA estamos favorecendo a aprobación de medidas que, en moitas ocasións, afectan negativamente aos nosos intereses (e aos do accionariado), cando pedimos delegacións de voto para o actual Consello de Administración.

Cremos que coa responsabilidade que teñen as entidades bancarias na actual crise, fomentar que BBVA siga aumentando o seu endebedamento para atender pagos aos directivos ou remunerar aos accionistas con accións que cada vez valen menos, é tirar pedras contra o noso propio tellado. Levamos anos advertindo de que é necesaria unha política de contención, e agora está máis claro que nunca.

Na Xunta, o Consello espera chegar coa maioría obtida coma un obxectivo de campaña máis, que para nós é un traballo extra, e para eles a garantía de enormes beneficios. Co sistema que están a desenvolver, o Consello actúa con total impunidade deixando sen contido a Xunta, que remata sendo un mero acto formal e, para facelo, precisan de todos e todas nós...

Por todo isto, pedímosvos que deleguedes os vosos votos e os que poidades conseguir, na nosa delegada MARÍA TERESA RICHARD MARCIAL que asistirá na vosa representación á Xunta.

Para facelo, só tedes que enviar as papeletas de delegación asinadas a calquera dos nosos delegados ou delegadas o máis axiña posible, para dispor delas antes do 14 de marzo.

Lembrade que a entrega do obsequio é unicamente por levar o cupón á oficina e NON ten relación coa delegación do voto.

Polo tanto, debedes dar o obsequio tamén a quen faga delegación distinta de «no Consello de Administración», ou aínda que non a faga en absoluto.

Son moitos os temas que se deberían debater na Xunta, e moi pouco o tempo que nos darán para falar, pero queremos escoitar ás vosas propostas, que podedes enviar ao da nosa Sección Sindical para incluílas na nosa intervención.


Delega o teu voto en Mª Teresa Richard Marcial na XXA do BBVA
Envía as delegacións de votos da XXA aos nos@s delegad@s. Consulta o seu enderezo no taboleiro sindical, na intranet




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 120213 [.pdf • 32 Kb]



Ningún comentario: